Estás aquíCampañas

Campañas


Por unha Política Agraria e Alimentar Común 2013 no marco da soberanía alimentar

1. Responder aos retos europeus e mundiais
O ano 2009 amosounos a amplitude das dificuldades ás que se enfrontan @s agricultores/as europe@s. O sector leiteiro non é o único en crise, e os ingresos agrícolas caíron en case que todas partes. A PAC actual, así como a OMC que a enmarca, demostraron ser incapaces de resolver os problemas, agravándoos no seu lugar: as explotacións agrícolas desaparecen rapidamente, o paro aumenta máis e máis, a fame alcanza xa a mil millóns de persoas, o planeta quéntase, a biodiversidade desaparece, os efeitos negativos para a saúde dos modos de produción e consumo dominantes aumentan con rapidez...

27 e 28 de Febreiro: Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)soberaniaalimentar.info

Organizacións sociais presentan Manifesto Galego polo Clima

Por iniciativa da Alianza Galega polo Clima -constituída hai 3 meses por Amigos da Terra, Greenpeace e Verdegaia- diversas organizacións sociais e plataformas cidadás galegas asinaron un manifesto baixo o lema "Sustentabilidade e xustiza contra a crise climática". Coincidindo coa recta final do Cumio do Clima de Copenhague, estas organizacións demandan a nivel internacional e galego a adopción de accións efectivas para previr unha mudanza climática catastrófica.

13-17 de Novembro: Foro paralelo ao cume da FAO (Roma)

Paremos a crise, mudemos o sistema alimentar!

Do 13 ao 17 de novembro reuniranse en Roma máis de 400 delegados (o número dependerá da dispoñibilidade de fundos[1]) de 70 países diferentes en representación de organizacións de pequenos produtores de alimentos, organizacións de agricultores, pescadores, pobos indíxenas, traballadores rurais e da alimentación, mocidade rural, mulleres e grupos transhumantes, ademais de habitantes de cidades afectados pola inseguranza alimentar e ONG, con motivo dunha iniciativa paralela ao Cume Mundial sobre Seguranza Alimentar organizado pola FAO. O Foro pola Soberanía Alimentar dos Pobos 2009 está auspiciado por un Comité de Pilotaxe Internacional (CPI) formado por diversas Organizacións da Sociedade Civil (OSC) que representan aos produtores de alimentos e aos pobos afectados.

Irlanda declárase zona libre de transxénicos

O Goberno de Irlanda anunciou este fin de semana a decisión de prohibir o cultivo de Organismos Modificados Xeneticamente no seu territorio. Isto converte a Irlanda no noveno país da UE con prohibicións ao cultivo de transxénicos. Mentres, o Goberno Español permite que o noso país sexa o único da UE que os cultiva a gran escala. Amigos da Terra e Greenpeace valoran de forma positiva a decisión do Goberno de Irlanda e esixen que España siga o seu exemplo.

O acordo publicado o sábado pola coalición que goberna Irlanda especifica que se “declarará á República de Irlanda Zona Libre de Transxénicos, libre do cultivo de calquera planta modificada xeneticamente. Irlanda súmase así á Franza, Austria, Grecia, Luxemburgo, Hungría, Italia, Polonia e Alemaña que xa manteñen algún tipo de prohibición sobre o cultivo de organismos modificados xeneticamente.

Reclamemos os Campos: Campamento Europeu para Cultivar Alternativas

30 de Setembro- 4 de Outubro 2009, en Minerve (Franza)

Nós, moz@s da Coordenación Europea da Vía Campesina estamos a organizar un campamento europeu para xuntar moz@s que se queran establecer no campo, que xa sexan campesiños ou campesiñas, campesiños e campesiñas sen terra e/ou quen queiran recuperar a soberanía alimentar.

No Día do Comercio Xusto, pola Soberanía Alimentar!

Co gallo do Día Internacional do Comercio Xusto e co lema “Pola Soberanía Alimentar, por un Comercio Xusto no Norte e no Sul” sete organizacións de comercio xusto e solidariedade, ecoloxistas, de consumo responsabel e labregas, únense para demandar un comercio xusto e denunciar as condicións de produción e o control dos prezos das grandes empresas que non garanten nen salarios dignos nen unha vida digna ás persoas produtoras. O sistema industrial agroalimentar que degrada o ambiente e as garantías de alimentos sans e saudabeis para as persoas.

Reivindicar o Comercio Xusto como un acto político

As corporacións seguen a especular coa fame

En Abril de 2008 Grain publicou un breve informe sobre os enormes beneficios que a agroindustria estaba a tirar da crise alimentar. Un ano despois, con máis de 1.000 millóns de persoas a padecer fame aguda, e mentres a crise financeira provoca estragos na solvencia de compañías doutros sectores,as coroporacións da agroindustria que controlan o subministro mundial de alimentos estanse a voltar cada vez máis ricas. Para muitas destas empresas, os benefícios marca de 2007 palidecen en comparación cos obtidos en 2008.

 

Toda a información no web de Grain

Fronte á gripe, compromiso labrego

Nosa nai Terra enfermou de gripe. Un cadro clínico cuxa orixe e agudización atopamos na propagación dunha agroindustria poderosa, responsable da masiva destrución da terra campesiña e polo tanto a desaparición dos seus moradores. Pero temos unha esperanza, porque o campo -a pesar de todo- reserva sementes predispostas e dispostas a xermolar. Como a iniciativa do Compromiso Labrego encabezada por Jerónimo Augado Martínez, campesiño, traballador da terra e o gando na comarca de Tierra de Campos, Palencia, España.

Xira galega da coordenadora en África da Vía Campesina

No marco da Semana Galega do Comercio Xusto, Amarante, Sindicato Labrego Galego e Verdegaia organizan unha xira por Galicia da dirixente campesiña Mariam Sissoko (presidenta de muller da CNOP -Coordenación Nacional de Organizacións Campesiñas de Mali- e coordenadora en África do movemento Vía Campesina).

23 de Abril: Palestra de Gustavo Duch en Lugo

O director de VSF (Veterinarios Sen Fronteiras) e autor do libro “Con los pies en la Tierra” (Icaria) estará en Lugo mañá, Xoves 23 de Abril, para participar nunha palestra organizada por VSF en colaboración coa Cova da Terra co título “Os señores da fame e a construción da soberanía alimentar dos pobos“. Será na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo 4, Lugo) ás 20:00 horas.

Boas razóns para retirar as variedades de millo MON810 cultivadas en España

Verdegaia vén de traducir un informe sobre o millo transxénico MON810 elaborado pola confederación estatal Ecologistas en Acción que dá conta de todos os perigos reais e potenciais que ten esta variedade de millo transxénico e outros organismos modificados xeneticamente. Os dados están actualizados a marzo de 2009.

Descarrega e lé o informe

Nasce a Ra! (Rede Anticapitalista)

Ven de se apresentar publicamente, con actos en Compostela, Pontevedra e Lugo, a Ra! (Rede Anticapitalista),  integrada por unha vintena de colectivos e persoas a título particular e fruito do proceso que levou á celebración do FSGal (Foro Social Galego). A Ra! nace como resposta á crise que está a vivir o mundo enteiro, unha crise de dimensións múltiples produto do sistema capitalista.

A Ra! manifesta a súa diposición a artellarse con outras mobilizacións globais, como a que tivo lugar 28 de Marzo en contra da xuntanza do G-20 en Londres, baixo o lema, “Decídelle ao G-20 que primeiro é a xente”. 17 de Abril, Día Internacional da Loita Labrega e pola Soberanía Alimentar dos Pobos, desenvolveranse novas protestas orientadas a conscienciar e informar á cidadanía e a presionar aos poderes políticos para que emprendan cambios reais.

17 de Abril: Día Internacional da Loita Labrega

Xuntos polos dereitos dos labregos e labregas!

17 de Abril foi declarado pola Vía Campesina desde 1996 como o “Día Internacional da Loita Labrega” como homenaxe aos dezanove campesiños do Movimento Sem Terra asasinados pola policía brasileira durante unha acción de mobilización para acceder a certas terras. Trece anos máis tarde, a loita polo recoñecemento dos dereitos dos labregos e labregas segue a ser unha prioridade para Vía Campesina.

Declaración da Comisión Internacional das Mulleres da Vía Campesina

Con gallo do Día Internacional das Mulleres
8 de Marzo de 2009

Nós, mulleres labregas chegadas desde os cinco continentes a Seúl, en Corea do Sul, no marco da reunión da Comisión Internacional de Mulleres da Via Campesina, facemos a seguinte declaración:

Co gallo do Día Internacional das Mulleres reafirmamos a nosa vontade de actuar para mudar o mundo capitalista e patriarcal que dá prioridade aos intereses do mercado fronte aos dereitos das persoas.

Como labregas, reclamamos o respeito de todos os nosos dereitos, esiximos o noso dereito a unha vida digna e sen violencia e o respeito dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos.

Loitamos para lograr a soberanía alimentar e por manter a agricultura labrega, que son as alternativas ás crises alimentar e climática actuais.

Esiximos unha reforma agraria integral e o respeito cara á biodiversidade.

Certame de contos de VSF-Euskal Herria

Co fin de fomentar a creación literaria referida ao ámbito da problemática que sofre o campesiñado nos países do Sur, Veterinarios Sen Fronteiras - Mugarik Gabeko Albaitariak convoca o primeiro Certame de Contos.

Poden participar no concurso cantos autores o desexen, cunha ou máis obras escritas en castelán ou en éuscaro.

As obras deberán ser orixinais e inéditas e o tema central e obrigatorio será: A problemática do campesinado, a soberanía alimentar.

A extensión dos contos non poderá ser superior a catro folios DIN A4 mecanografados por unha soa cara, en tipo de letra Arial, corpo 12.

O prazo de presentación dos contos abrirase 23 de Febreiro e finalizará 7 de Abril. Os contos gañadores coñeceranse 17 de abril coincidindo co día da Loita Labrega.

As obras deberán ser enviadas ao seguinte enderezo:

Veterinarios Sen Fronteiras
Certamen de Cuentos
C/Los Baños, 35
48910 Sestao Bizkaia

Non necesitamos máis tecnoloxía para enfrontarnos ao problema da fame, o que necesitamos son cambios políticos

Científicos galegos respaldan a declaración de personalidades e organizacións da sociedade civil sobre as aplicacións da biotecnoloxía

18 de Febreiro a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) vén de presentar oficialmente na Galiza a “Declaración Estatal contra os OXM´s: A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación“, dentro dunha acción coordenada a nivel estatal para a transmisión deste documento respaldado pola comunidade científica e impulsado polas organizacións Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción, Plataforma Rural e Greenpeace.

Os colectivos contra as concesións mineiras na Terra Chá estarán presentes na mobilización da Rede Galiza Non se Vende

Os colectivos que estamos en contra das concesións mineiras na Terra Chá estaremos presentes na mobilización convocada pola rede cidadá Galiza non se Vende o vindeiro domingo 15 de febreiro en Santiago de Compostela.

Pasados dous anos dende que Erimsa obtivo as concesións para a extracción de cuarzo na Terra Chá, a loita continúa.

Nestes dous anos temos promovido varios recursos de alzada e revisión, pedindo a nulidade das concesións. Estes recursos atópanse na actualidade algúns deles sen resolver, e en distintas fases.

Os primeiros, presentados o 26/12/07 están pendentes de resolución na Sala do Contencioso Adm. Sección 3ª Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Téñense presentado encritos dirixidos ao Valedor do Pobo, así coma ás distintas administracións que podían ter responsabilidade nestas concesións.

Final surpresa en Madrid! Sen consenso sobre unha alianza impulsada polo G8… polo de agora

Declaración final d@s agricultoræs e organizacións da sociedade civil na Reunión de Alto Nivel sobre a Seguridade Alimentar, 27 de Xaneiro de 2009

Como representantes do campesiñado e outros produtores de alimentos a pequena escala, xunto coas organizacións que os apoian (*), queremos manifestar o seguinte:

1. Reunímonos en Madrid con baixas expectativas. Estamos moi descontentes co proceso e o contido desta conferencia. A pesar de sermos quen produce a maior parte dos alimentos do mundo, non se ofreceu un espazo para dar a nosa opinión sobre o que se debe facer, tanto no proceso preparatorio como no programa da conferencia en si.

Abocados á catástrofe: Cando os bancos xeren a crise alimentar

Declaración da sociedade civil - Reunión de Alto Nivel sobre Seguridade Alimentar; Madrid, 26 e 27 de Xaneiro

Perante o grave momento actual marcado pola profunda crise alimentar e a crise económica xeneralizada, o Goberno español organiza a “Reunión de Alto Nivel sobre Seguridade Alimentar para Todos” os vindeiros días 26 e 27 de Xaneiro de 2009 en Madrid.

A Plataforma Galega Antitransxénicos alerta de novas sementeiras de millo transxénico

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino vén de facer públicas 11 solicitudes de campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 concellos do Estado español, entre os que figuran Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada.

Agricultores e movimentos sociais exixen unha profunda reestruturación do sistema alimentar mundial

A alternativa existe: a soberanía alimentar, pola que cada Estado ten dereito a definir a súa propia política agrícola. Todo o que se necesita é a vontade política para a pór en práctica.

A Conferencia de Alto Nivel sobre a Seguridade Alimentar en Madrid exclúe aos principais interesados no debate sobre a crise alimentar a partir dunha participación significativa. É un foro dominado polo Banco Mundial, o FMI e a OMC, así como polas empresas transnacionais como Monsanto. “É un escándalo que se lles dea espazo nos paineis de debate, mentres que os representantes dos pequenos agricultores -que producen o 80% da mundial de alimentos- fican a só uns minutos no piso para dar a súa posición”, apuntou Javier Sánchez, representante de COAG dentro de Vía Campesina.

17 de Abril: Día Internacional da Luita Labrega

Xuntos polos dereitos dos campesiños e as campesiñas!

17 de Abril foi declarado pola Vía Campesina desde 1996 como o “Día Internacional da Loita Labrega” como homenaxe aos dezanove campesiños do Movimento Sem Terra asasinados pola policía brasileira durante unha acción de mobilización para aceder a certas terras. Trece anos máis tarde, a loita polo recoñecemento dos dereitos dos campesiños e campesiñas segue a ser unha prioridade para Vía Campesina.

Agricultura ecolóxica, motor da transformación do mundo rural

Xavier Simón e Damián Copena fan, no recén saído nº 5 da revista-e Cos Pés na Terra, unha crónica do II Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, celebrado en Maio de 2008, no que participaron labreg@s, investigadoræs, estudantes e persoas de todo tipo interesadas pola agricultura ecolóxica e a agroecoloxía procedentes de diversos lugares.

Con este Congreso quíxose abrir un espazo de debate e información que permita a posta en común dos principais desafíos e oportunidades aos que se enfronta a agricultura ecolóxica galega, tendo en conta que a agricultura ecolóxica, no actual contexto marcado polo Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013, está chamada a ser o motor da transformación do mundo rural.

Manifesto: “Compromiso Labrego”

Non somos unha mera profisión, somos os labregos e labregas, un ser vivo máis na terra, que se complementa co resto de especies animais e vexetais para xerar en colaboración e reciprocidade vida e alimentos para a sociedade. Por iso, con todos estes irmáns e irmás lanzo un desafío: expresar de forma clara ao mundo o noso compromiso labrego, traballando, de forma solidaria, polos valores expresados no seguinte manifesto, así como, a difundir o mesmo, comprometéndome ao traballo solidario coa causa de todos os campesiños e campesiñas do mundo:

Manifesto de Compromiso Labrego

A alternativa rural

Sempre me marabillou a existencia dun ser vivo como o coral mariño. Composto por miles de animaliños microscópicos, sincronizados e unidos nunha soa vida, toman forma de longos arrecifes consistentes como unha rocha.

Hai apenas unhas semanas, en Maputo (Mozambique), puiden presenciar a consolidación dun enorme ser vivo distribuído por todo o planeta. En calquera lugar do mundo, desde o máis fértil ao máis inóspito, vive un dos máis de 200 millóns de pequenos labregos e labregas que integran a organización mundial Vía Campesina. Cada un deles sementou as súas propias raíces que logo se buscaron e entrelazaron no mundo subterráneo, formando así un tecido global que os conecta e alimenta, nunha loita compartida pola conservación da súa forma de vida.

Estanse a apropiar da terra! Acaparamento agrario 2008

As crises alimentar e financeira actuais, axuntadas, desencadearon un novo ciclo mundial de apropiación de terras. Os gobernos con “inseguridade alimentar”, que dependen das importacións para alimentar aos seus pobos, estanse a apropiar rapidamente de terras agrícolas por todo o mundo nas cais producir os seus propios alimentos fóra do país. As corporacións de alimentos e os investidores privados, ávidos de gaños no medio da profundización da crise financeira, ven o investimento en terras agrícolas estranxeiras como unha importante fonte nova de ingresos. O resultado é que as terras agrícolas férteis se privatizan e concentran cada vez máis. De non pór couto a este proceso, o acaparamento mundial de terras podería significar en numerosos lugares do mundo o fin da agricultura en pequena escala e do campo como medio de vida e sustento.

Eric Holt: Temos que desmantelar o sistema agroindustrial

Eric Holt-Giménez, director executivo de Food First estivo coa ISAP en Galiza os pasados 25 e 26 de Novembro. Falou en Lugo, en Compostela e na Coruña sobre a crise alimentar global e a alternativa da soberanía alimentar.

Hai uns meses era outra a crise da que se falaba, a dos prezos dos alimentos. 2007-2008 foi, é, tempo de marcas históricas: colleita récord, beneficios récord para a agroindustria… e fame récord. O mercado “libre” e a produción e comercialización agroindustrial de alimentos deixaron o sistema alimentar nunha situación de alta vulnerabilidade.

Soberanía Alimentar no Foro Social Galego

Os vindeiros 5 a 7 de Decembro, en Santiago de Compostela, celebrarase o primeiro Foro Social Galego e nel haberá un sitio para a soberanía alimentar dos pobos. Podes consultar o programa aquí.

Actividades relacionadas coa Soberanía Alimentar no FSGal (Faculdade de Filoloxía)

Sábado 6

  • 12:00 horas, na sala 12
  • Paul Nicholson e representantes das entidades promotoras:
    “Soberanía Alimentar: Unha saída á crise provocada polas políticas agrarias e alimentares”
    .
    Organiza: Amarante, Fundación Galiza Sempre, Marcha Mundial das Mulleres, SLG, Verdegaia e VSF

Bota a andar “Consomes ou Devoras?”

A asociación ecopacifista Verdegaia ven de apresentar a campaña “Consomes ou Devoras?” sobre consumo responsábel (xusto e sustentábel). A campaña ten como base unha guía de consumo (en papel, mais tamén para consultar en liña e descarregar en formato .pdf), un sitio web (con información para o consumo responsábel, observatorio da publicidade, un foro onde facer consultas e achegar propostas…), ademais da celebración de mercadillos de troco.

Para Verdegaia, o consumo responsábel debe ser xerador de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social, xa que logo:

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.