Estás aquíInformes

Informes


A FAO publica o seu informe “O estado da inseguranza alimentar no mundo 2009?

A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) vén de apresentar o seu informe “O estado da inseguranza alimentar no mundo 2009“. Trátase do décimo informe sobre a fame no mundo que fai a FAO desde o Cumio Mundial da Alimentación de 1996. O documento salienta o feito de que o número de persoas que padecen fame viña aumentando de forma lenta mais constante e que o inicio da crise incrementou de forma pronunciada estas cifras.

Os prezos dos alimentos permanecen mui altos en muitos países

Os prezos dos alimentos permanecen elevados a nível doméstico nos países en desenvolvimento a pesar dun forte descenso a nível internacional e as boas colleitas xeneralizadas, alertou a FAO no seu último informe sobre Perspectivas de colleitas e situación alimentar.

En diversos países, os prezos superan os niveis xa altos de hai un ano, ou se atopan aínda en níveis marca, criando dificuldades a millóns de persoas.

En África subsahariana, entre o 80 e o 90 por cento de todos os prezos de cereais examinados pola FAO en 27 países permanecen nunha percentaxe superior ao 25 por cento por riba de antes da crise xerada hai dous anos polo forte alza dos prezos.

O mundo supera os 1.000 millóns de persoas famentas

Se en 2008 a crise global dos prezos dos alimentos empurrou 40 millóns de persoas cara á fame elevando a cifra global de fament@s a 963 millóns, en 2009, segundo a FAO, son xa 1.020 millóns as persoas que padecen de fame a diário no planeta. Por vez primeira na historia da humanidade hai máis de 1.000 millóns de persoas subnutridas. O Cumio Mundial sobre a Alimentación fixárase como obxectivo reducir o número de fament@s até un máximo de 420 millóns de persoas en 2015. 

As corporacións seguen a especular coa fame

En Abril de 2008 Grain publicou un breve informe sobre os enormes beneficios que a agroindustria estaba a tirar da crise alimentar. Un ano despois, con máis de 1.000 millóns de persoas a padecer fame aguda, e mentres a crise financeira provoca estragos na solvencia de compañías doutros sectores,as coroporacións da agroindustria que controlan o subministro mundial de alimentos estanse a voltar cada vez máis ricas. Para muitas destas empresas, os benefícios marca de 2007 palidecen en comparación cos obtidos en 2008.

 

Toda a información no web de Grain

Boas razóns para retirar as variedades de millo MON810 cultivadas en España

Verdegaia vén de traducir un informe sobre o millo transxénico MON810 elaborado pola confederación estatal Ecologistas en Acción que dá conta de todos os perigos reais e potenciais que ten esta variedade de millo transxénico e outros organismos modificados xeneticamente. Os dados están actualizados a marzo de 2009.

Descarrega e lé o informe

Estanse a apropiar da terra! Acaparamento agrario 2008

As crises alimentar e financeira actuais, axuntadas, desencadearon un novo ciclo mundial de apropiación de terras. Os gobernos con “inseguridade alimentar”, que dependen das importacións para alimentar aos seus pobos, estanse a apropiar rapidamente de terras agrícolas por todo o mundo nas cais producir os seus propios alimentos fóra do país. As corporacións de alimentos e os investidores privados, ávidos de gaños no medio da profundización da crise financeira, ven o investimento en terras agrícolas estranxeiras como unha importante fonte nova de ingresos. O resultado é que as terras agrícolas férteis se privatizan e concentran cada vez máis. De non pór couto a este proceso, o acaparamento mundial de terras podería significar en numerosos lugares do mundo o fin da agricultura en pequena escala e do campo como medio de vida e sustento.

A cifra de persoas que pasan fame no mundo atinxe os 963 millóns

Outros 40 millóns de persoas víronse empurradas á fame este ano sobretodo debido a prezos alimentares máis altos, segundo as estimacións preliminares publicadas pola FAO hoxe. Isto eleva o número total de persoas desnutridas a 963 millóns, fronte a 923 millóns de 2007. A crise financeira e económica en curso podería botar aínda máis xente á fame e á pobreza, adverte a FAO.

“Os prezos dos alimentos no mundo caíron desde comezos de 2008, mais os prezos baixos non terminaron coa crise alimentar en moitos países pobres,” dixo Hafez Ghanem, Director Xeral Asistente da FAO na apresentación da nova edición do Informe da FAO sobre a fame: O estado da inseguridade alimentar no mundo 2008.

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.