Estás aquíPublicacións
Publicacións
Food Rebellions, de Eric Holt, publicado en español
Food Rebellions!, o último libro de Eric Holt-Giménez e Raj Pattel vén de ser publicado en español pola editorial El Viejo Topo co título Rebeliones Alimentarias. O libro analisa as causas da crise dos prezos dos alimentos de 2007 e 2008 nun contexto económico que levou a superar os 1.000 millóns de seres humanos que padecen fame mentres no mundo se producen máis alimentos dos que necesitamos. Máis de 30 países viviron rebelións alimentares en 2007 e 2008, entre eles cumpre salientar Haití, país cun 80% da súa poboación a vivir na pobreza e agora gravemente afectado por un terremoto.
Nova publicación sobre mudanza climática e sistema alimentar
Vén de ser publicado o libriño “Cocinando el planeta. Hechos, cifras y propuestas sobre cambio climático y sistema alimentario mundial“, elaborado por Grain, Entrepueblos e a campaña No te Comas el Mundo (ODG, Xarxa de Consum Solidari e VSF).
Crise e soberanía alimentar: Vía Campesina e o tempo dunha idea
Luis Hernández Navarro (coordenador de opinión de La Jornada) e Annette Aurélie Desmarais (profesora da Universidade de Regina —Canadá— e autora do libro “La Vía Campesina”) escreben un completo artigo sobre a crise alimentar global e a alternativa da soberanía alimentar dos pobos, repasando ademais a historia da Vía Campesina.
Agricultura ecolóxica, motor da transformación do mundo rural
Xavier Simón e Damián Copena fan, no recén saído nº 5 da revista-e Cos Pés na Terra, unha crónica do II Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, celebrado en Maio de 2008, no que participaron labreg@s, investigadoræs, estudantes e persoas de todo tipo interesadas pola agricultura ecolóxica e a agroecoloxía procedentes de diversos lugares.
Con este Congreso quíxose abrir un espazo de debate e información que permita a posta en común dos principais desafíos e oportunidades aos que se enfronta a agricultura ecolóxica galega, tendo en conta que a agricultura ecolóxica, no actual contexto marcado polo Programa de Desenvolvemento Rural 2007-2013, está chamada a ser o motor da transformación do mundo rural.
Para saber máis sobre a crise alimentar global
A campaña No te Comas el Mundo ven de publicar algúns documentos con información sobre a crise alimentar global que se poden descarregar en formato .pdf. “Especulandia. Introducción a la especulación alimentaria” é un informe de 19 páxinas elaborado por Ferrán Garcia co que coñecer a relación entre a crise dos prezos dos alimentos e a especulación financeira.










