Estás aquíDeclaracións

Declaracións


Labregas polos nosos direitos

Labregas de Europa reuníronse en Cáceres do 27 ao 29 de Abril no seminario "Labregas polos nosos direitos", organizado pola Confederación de Mulleres do Mundo Rural (CERES) en colaboración coa Área de Muller da COAG, as Mulleres da COAG-Extremadura e a Coordenadora Europea Via Campesina. No seminario aprobouse a seguinte declaración:

Por unha Política Agraria e Alimentar Común 2013 no marco da soberanía alimentar

1. Responder aos retos europeus e mundiais
O ano 2009 amosounos a amplitude das dificuldades ás que se enfrontan @s agricultores/as europe@s. O sector leiteiro non é o único en crise, e os ingresos agrícolas caíron en case que todas partes. A PAC actual, así como a OMC que a enmarca, demostraron ser incapaces de resolver os problemas, agravándoos no seu lugar: as explotacións agrícolas desaparecen rapidamente, o paro aumenta máis e máis, a fame alcanza xa a mil millóns de persoas, o planeta quéntase, a biodiversidade desaparece, os efeitos negativos para a saúde dos modos de produción e consumo dominantes aumentan con rapidez...

Por que deixamos as nosas granxas atrás para vir a Copenhagen

Discurso de Henry Saragih, Coordinador Xeral da Via Campesina

Apertura do Klimaforum, 7 de Decembro, Copenhagen.

Esta é unha noite moi especial na que nos unimos para a apertura da asemblea dos movementos sociais e da sociedade civil no Klimaforum. Nós, o movimento campesiño internacional Via Campesina, chegamos a Copenhagen desde as cinco esquinas do planeta, abandonando as nosas terras, o noso gando, os nosos bosques, e tamén as nosas familias nos poboados e pobos dos que vimos para unirnos a todos vós.

Declaración final dos Movementos Sociais/ONG/OSC no Foro Paralelo ao Cume Mundial da Seguridade Alimentaria Roma, novembro 13-17 de 2009

Un non vende a terra pola que camiña o seu pobo (Tashunka Witko,1840 – 1877)

Nós, 642 persoas de 93 países representando 450 organizacións de campesiños e campesiñas, pequenos agricultores, pescadores a pequena escala, pastores, pobos indíxenas, mozos e mozas, mulleres, movementos urbanos, traballadores agrícolas, ONG locais e internacionais e outros actores sociais atopámonos en Roma do 13 ao 17 de novembro do 2009, unidos pola nosa determinación de traballar por e esixir a soberanía alimentaria neste intre no que o número das persoas que sofren fame traspasou os mil millóns.

Políticas e accións para erradicar a fame e a desnutrición

Mil millóns de persoas padecen fame hoxe e o número segue a aumentar. As mulleres son as máis afectadas. Necesítase urxentemente un cambio nas políticas e as accións.

Os documentos recollidos a seguir apresentan propostas de políticas e accións para erradicar a fame e a desnutrición. As propostas están baseadas na experiencia e o traballo político de movementos sociais, organizacións non gobernamentais (ONG) e outras organizacións de todo o mundo ao longo das últimas décadas e o presente. As propostas encádranse no marco da soberanía alimentar que abranxe o direito humano á alimentación adecuada.

Copenhague: A Vía Campesina únese ás mobilizacións

As campesiñas e os campesiños enfrian a Terra!

Campesiños e campesiñas de todo o mundo reuniranse en Copenhague en decembro para defender a súa proposta para solucionar a crise da mudanza climática. A agricultora campesiña sustentábel e a produción local de alimentos están, de feito, arrefriando a terra. A agricultura campesiña permite o secuestro do carbón no solo e require de menos maquinaria empurrada por combustíbeis fóseis e insumos químicos. Máis aínda, se comemos local, requírese de menos enerxía para mover a comida ao longo e ancho do planeta. Dado o enorme impacto da agricultura industrial sobre as emisións de gases con efeito invernadoiro (GEI), unha conversión masiva desde os monocultivos industriais a unha agricultura a pequena escala sustentábel e o desenvolvimento de mercados locais permitiría unha redución masiva nos GEI.

Declaración de Quito sobre Reforma Agraria

Por unha Reforma Agraria Integral, xenuína e verdadeira que solucione a crise alimentar e a mudanza climática. Basta de Criminalización!

Declaración do I Acampamento Internacional da Mocidade Labrega e Indíxena da Vía Campesina

Nós, mulleres e homes, mozos campesiños representantes de 9 rexións do globo terráqueo (África 1, África 2, Europa, Caribe, Centro América, América do Norte, Sudamérica, Asia do Sul, Asia Sueste e Leste) de diferentes nacionalidades, comunidades, culturas, idiomas e relixións; reunímonos neste Acampamento Internacional da Mocidade de Vía Campesina na aldea Puy de Cinca, rexión de Aragón do Estado español, do 24 ao 30 setembro de 2009.

A xente nova da Vía Campesina aquí presente, analisamos a nosa situación no marco do contexto de discriminación, inxustizas e miserias que se frecuentan ao longo e ancho do planeta a causa do feudalismo, do capitalismo neoliberal e do neocolonialismo. Este sistema opresor está a impor unha agricultura corporativa, de mercantilización dos alimentos, para o puro lucro económico. Facendo que empioren as condicións sociais do campesiñado.

Posición da Vía Campesina sobre a crise financeira

A crise do prezo dos alimentos e a crise financeira son o resultado de anos de liberalización ultraliberal que se remonta aos crimes contra a humanidade cometidos contra os pobos autóctonos norteamericanos e africanos para maximizar as ganancias. Os investidores e especuladores que buscan os maiores beneficios utilizaron a “enxeñería financeira” para poder mobilizar grandes sumas de capital entre países e continentes. Estes instrumentos especulativos, os chamados “produtos e servizos financeiros” proporcionaron grandes beneficios pero non se produciu nada. O seu valor incrementouse como resultado da mera expectativa de que o sistema financeiro continuaría sobrevalorando devanditos “produtos” e “servizos”.

O SLG agradece o apoio amosado na crise do sector leiteiro

Como saberedes todas e todos, o sector leiteiro atópase nunha crise sen precedentes por mor das continuas baixadas no prezo do leite. Dende o Sindicato Labrego Galego queremos agradecer as mostras de apoio que por parte de bon número de organizacións sociais e da cidadanía en xeral nos estades facendo chegar dende o inicio do conflicto.

Grazas á forza das labregas e labregos, máis tamén grazas ao alento que dá sentírmonos respaldadas por todas e todos vós, o sector atópase de novo en pé de loita para acadarmos dunha vez por todas un cambio das políticas agrarias que nos permitan vivir do noso traballo, que fixen un prezo xusto para o noso leite.

Carta de Vía Campesina co gallo da reunión mini-ministerial en Deli

Á Vía Campesina, movimento internacional de campesiños, pequenos e medianos agricultores, sen-terra, mulleres rurais, xentes indíxenas, mocidades rurais e agricultores asalariados, gustaríanos facer chegar esta mensaxe, desde a base, á reunión mini-ministerial que terá lugar en Nova Deli os días 3 e 4 de Setembro. Durante moito tempo, estivemos a traballar para denunciar o enorme impacto negativo que a liberalización supón para o medio de subsistencia dos campesiños. En 1999, durante a reunión ministerial da Organización Mundial do Comercio (OMC) en Seattle, expresamos a nosa preocupación ao redor da destrución das nosas economías agrícolas familiares e as profundas crises nas nosas sociedades que son debidas ás políticas rurais neoliberais. De novo, durante a última Conferencia da OMC en Hong Kong en 2005, mobilizámonos porque a situación alcanzou un punto no que os campesiños endebedados estaban suxeitos a unha presión diaria tal que moitos deles chegaron a quitarse a vida.

Leite: Via Campesina propón solucións para a crise global

O prezo do leite para o produtor directo caiu drasticamente en todo o mundo [1], ameazando a millóns de produtores con deixalos fóra do mercado. En consecuencia, os produtores de leite alzáronse nunha protesta global. Desde o comezo do ano, miles de membros das organizacións da Vía Campesina sumáronse a estes protestos en Bruxelas e Estrasburgo, en Madrid, Berlín, Galiza, Franza, Bélxica, Alemaña, Portugal, Suíza, Indonesia, República Dominicana e ao longo de Estados Unidos.

Avanza a FAO cara a un compromiso real co campesiñado?

Logo de catro días de difíceis negociacións entre 121 gobernos na reunión do Tratado da FAO sobre Recursos Fitoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura que tivo lugar en Tunisia, representantes da sociedade civil derrotaron o intento de Canadá de bloquear as negociacións que favorecen aos agricultores. A media noite do xoves, Brasil leu ante un canso plenario unha resolución sobre os dereitos dos agricultores que mudou por alivio e entusiasmo a tensión prevaleciente entre os delegados.

Logo das negociacións nos corredores, onde Europa, América Latina e África enfrontaron os esforzos de Canadá por descarrilar o mandato a exercer os Dereitos dos Agricultores, os gobernos acordaro:

Via Campesina perante o Tratado sobre sementes

Entregado aos membros do Comité Director do Tratado Internacional sobre os Recursos Fitoxenéticos para a Agricultura e a Alimentación, realizado do 1 ao 5 de Xuño de 2009 en Tunisia.

Declaración da Comisión Internacional das Mulleres da Vía Campesina

Con gallo do Día Internacional das Mulleres
8 de Marzo de 2009

Nós, mulleres labregas chegadas desde os cinco continentes a Seúl, en Corea do Sul, no marco da reunión da Comisión Internacional de Mulleres da Via Campesina, facemos a seguinte declaración:

Co gallo do Día Internacional das Mulleres reafirmamos a nosa vontade de actuar para mudar o mundo capitalista e patriarcal que dá prioridade aos intereses do mercado fronte aos dereitos das persoas.

Como labregas, reclamamos o respeito de todos os nosos dereitos, esiximos o noso dereito a unha vida digna e sen violencia e o respeito dos nosos dereitos sexuais e reprodutivos.

Loitamos para lograr a soberanía alimentar e por manter a agricultura labrega, que son as alternativas ás crises alimentar e climática actuais.

Esiximos unha reforma agraria integral e o respeito cara á biodiversidade.

Non necesitamos máis tecnoloxía para enfrontarnos ao problema da fame, o que necesitamos son cambios políticos

Científicos galegos respaldan a declaración de personalidades e organizacións da sociedade civil sobre as aplicacións da biotecnoloxía

18 de Febreiro a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) vén de presentar oficialmente na Galiza a “Declaración Estatal contra os OXM´s: A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación“, dentro dunha acción coordenada a nivel estatal para a transmisión deste documento respaldado pola comunidade científica e impulsado polas organizacións Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción, Plataforma Rural e Greenpeace.

Final surpresa en Madrid! Sen consenso sobre unha alianza impulsada polo G8… polo de agora

Declaración final d@s agricultoræs e organizacións da sociedade civil na Reunión de Alto Nivel sobre a Seguridade Alimentar, 27 de Xaneiro de 2009

Como representantes do campesiñado e outros produtores de alimentos a pequena escala, xunto coas organizacións que os apoian (*), queremos manifestar o seguinte:

1. Reunímonos en Madrid con baixas expectativas. Estamos moi descontentes co proceso e o contido desta conferencia. A pesar de sermos quen produce a maior parte dos alimentos do mundo, non se ofreceu un espazo para dar a nosa opinión sobre o que se debe facer, tanto no proceso preparatorio como no programa da conferencia en si.

Abocados á catástrofe: Cando os bancos xeren a crise alimentar

Declaración da sociedade civil - Reunión de Alto Nivel sobre Seguridade Alimentar; Madrid, 26 e 27 de Xaneiro

Perante o grave momento actual marcado pola profunda crise alimentar e a crise económica xeneralizada, o Goberno español organiza a “Reunión de Alto Nivel sobre Seguridade Alimentar para Todos” os vindeiros días 26 e 27 de Xaneiro de 2009 en Madrid.

Agricultores e movimentos sociais exixen unha profunda reestruturación do sistema alimentar mundial

A alternativa existe: a soberanía alimentar, pola que cada Estado ten dereito a definir a súa propia política agrícola. Todo o que se necesita é a vontade política para a pór en práctica.

A Conferencia de Alto Nivel sobre a Seguridade Alimentar en Madrid exclúe aos principais interesados no debate sobre a crise alimentar a partir dunha participación significativa. É un foro dominado polo Banco Mundial, o FMI e a OMC, así como polas empresas transnacionais como Monsanto. “É un escándalo que se lles dea espazo nos paineis de debate, mentres que os representantes dos pequenos agricultores -que producen o 80% da mundial de alimentos- fican a só uns minutos no piso para dar a súa posición”, apuntou Javier Sánchez, representante de COAG dentro de Vía Campesina.

A Rolda de Doha é o problema, non a solución

Carta Aberta aos nosos Gobernos

Nós, representantes de organizacións de campesiños, mulleres, emigrantes, traballadores, consumidores, pobres urbanos e rurais, pescadores, movementos sociais e organizacións da sociedade civil, escribimos para expresar a nosa alarma debido a que se están a realizar esforzos para concluír as negociacións da Rolda de “Desenvolvemento” de Doha.

A soberanía alimentar estabiliza o clima!

Posición da Via Campesina sobre a CMNUMC (Convención Marco das Nacións Unidas sobre a Mudanza Climática)

Declaración do Foro Mundial das Poboacións Pescadoras

Dirixida á Conferencia da FAO

Sobre Pescarías de Pequena Escala, Bangkok, Outubro 2008

INTRODUCIÓN

No mundo enteiro, as poboacións pescadoras de pequena escala, artesanais e indíxenas, estanse a unir para protexer os seus dereitos, o futuro das súas comunidades costeiras e o ecosistema mariño do cal dependen. O Foro Mundial das Poboacións Pescadoras esixe que as súas voces sexan escoitadas, e que estes dereitos sexan recoñecidos a nivel nacional, rexional e internacional.

O seguinte é unha Declaración preparada polo Foro Mundial dos Pobos Pescadores (WFFP) dirixida á Conferencia Global da FAO, que tratará o tema das Pescarías de Pequena Escala en Bangkok do 13-17 Outubro 2008.

Esta declaración representa o esforzo unido dos países membros das organizacións afiliadas ao WFFP e reflicte o punto de vista de todos os seus membros. Adicionalmente, organizacións de moitos países presentarán os seus propios puntos de vista.

Declaración de Maputo: V Conferencia Internacional da Vía Campesina

Maputo, Mozambique, 19-22 Outubro, 2008
Soberanía alimentar xa! Coa loita e a unidade dos pobos!

Nós somos a xente da terra, quen producimos alimentos para o mundo. Temos o dereito de seguir a ser campesiños e campesiñas e a responsabilidade de continuar a alimentar aos nosos pobos. Coidamos as sementes, que son a vida e pensamos que o acto de producir alimentos é un acto de amor. A humanidade necesita da nosa presenza, negámonos a desaparecer.

Declaración da III Asemblea das Mulleres de Via Campesina

En Maputo, Mozambique, co gallo da V Conferencia Internacional da Vía Campesina, nós as mulleres do campo dos diferentes continentes tivemos a nosa III Asemblea das Mulleres. Atopámonos coa alegría do compartir, o agarimo das compañeiras, a riqueza das nosas culturas diversas e a beleza da mulleres de África, Asia, Europa e as Américas.

Somos mulleres con historias e loitas comúns pola vida, a terra, os territorios, a Soberanía Alimentar, a xustiza, a dignidade; mulleres que compartimos saberes e experiencias, convencidas de que as ideas como as sementes cando se intercambian crecen e se multiplicanse. Somos mulleres que loitamos contra a violencia ao longo da historia, loitadoras, que continuamos a defender os nosos territorios e as nosas culturas do saqueo, a devastación e a morte perpetradas por quen impuxeron o seu poder desde o tempo da colonia, e que hoxe continúan a tentar colonizar non só os nosos territorios senón tamén as nosas mentes e as nosas vidas.

Declaración da II Asemblea da Mocidade de Via Campesina

O campo é a nosa vida
A terra aliméntanos
Os ríos corren no noso sangue
Somos a mocidade da Via Campesiñna
Hoxe declaramos o inicio dun novo mundo
Vimos dos catro recunchos da terra
Para unirnos con espírito de resistencia
Traballar creando esperanza
Falar sobre as nosas loitas
Aprender do traballo que realizamos
Inspirarnos das nosas cancións e historias
Construír a solidariedade entre os nosos movementos
Unificarnos como forza para o cambio social.
Daquí voltaremos a todos os recunchos do mundo
Levándo un espírito de revolución
Coa convicción de que outro mundo é posibel
E o compromiso para loitar a favor do noso xeito de vivir
Loitaremos até a vitoria, até que as mozas e os mozos de todo o planeta poidan vivir no campo, como campesiños, en paz e con prosperidade.
Cando os Estados nos tenten reprimir, unirémonos en solidariedade para seguir a loita.

Peden ao goberno español que non apoie a conclusión da Rolda de Doha da OMC

Preocupadas pola crise alimentaria, climática, financeira e enerxética, así como polos seus efectos devastadores, varias plataformas, redes e organizacións do Estado español -entre elas SLG, Setem (federación da que fai parte Amarante), Verdegaia e VSF- solicitaron ao Goberno español que NON dea o seu visto bon á conclusión da Rolda de Doha da Organización Mundial de Comercio (OMC), previsto para esta semana.

O campesiñado produce alimentos, os agrocombustibeis xeran fame e pobreza

Posicionamento de Vía Campesina

A actual onda masiva de investimento na produción de enerxía baseada no cultivo e procesamento industrial de materias vexetais como o millo, a soia, a palma aceiteira, a cana de azucre, etc., non resolverá nen a crise climática nen a enerxética. Así mesmo, traerá desastrosas consecuencias sociais e ambientais. Cría unha nova e moi seria ameaza sobre a produción de alimentos polos pequenos campesiños e o logro da soberanía alimentaria da poboación mundial.

Durante os últimos vinte anos, as políticas neoliberais adoptadas globalmente fallaron ao respostar ás necesidades básicas das persoas. As promesas da FAO na Cimeira Mundial sobre Alimentación de 1996 e nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio da ONU de sacar ás persoas da pobreza non se cumpriron. Moitas máis persoas están a sufrir fame.

Declaración da Asemblea Internacional das Mulleres sobre Diretos Labregos

Nós, mulleres labregas provenientes de Colombia, República Dominicana, Corea do Sul, Indonesia, España, Tailandia, Malaisia e Timor Leste, reunímonos en Xacarta para discutir sobre a situación das mulleres campesiñas ao redor do mundo.

A difícil situación que se afronta nas áreas rurais e o feito de non ter aceso á terra, conduciu ás mulleres a emigrar á cidade e a outros lugares na procura de oportunidades laborais mais con salarios reducidos. Existe demasiada pobreza nas zonas rurais e as mulleres non contan con ingresos abondo para alimentar ás súas familias de modo que a fame e a malnutrición están a aumentar tanto no ámbito rural como no medio urbano.

A responsabilidade de coidar á familia recai nas mans das mulleres e a dificuldade e incerteza frente á saúde e a educación para a infancia fai que as mulleres deban traballar durante longas horas a cambio duns mínimos ingresos.

Declaración final da Conferencia Internacional sobre os Dereitos das Labregas e Labregos

No 60° aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, reclamamos como labregas e labregos do mundo a nosa propia convención

Xacarta, 24 de Xuño de 2008

Labregas e labregos, membros do Movemento Internacional da Vía Campesina e provenientes de 25 países diferentes, reunímonos entre o 20 e o 24 de Xuño de 2008 durante cinco días na Conferencia Internacional sobre os Dereitos das Labregas e Labregos en Xacarta, Indonesia. Logo de sete anos de intensas discusións sobre os contidos e as estratexias, os nosos espíritos están animados e plenos de confianza en que poderemos lograr unha Convención dentro das Nacións Unidas sobre os dereitos das campesiñas e campesiños. Esta convención será unha das pedras angulares da vida sustentábel para os seres humanos no planeta.

Convocatoria perante a emerxencia alimentar mundial

Entre os vindeiros días 2 e 5 de Xuño celebrarase en Roma a Conferencia da FAO sobre Alimentación e Mudanzas Climáticas. Organizacións sociais integrantes do IPC (Comité Internacional de Planeamento para a Soberanía Alimentar) veñen de facer pública unha declaración e chamada á acción co gallo desta cimeira que pode ser asinada por aquí por redes e organizacións. O IPC está a organizar, ademais, o Foro Terra Preta, paralelo á Cimeira de Roma.

 

Declaración da sociedade civil sobre a emerxencia alimentar Mundial

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.