Estás aquíMobilizacións
Mobilizacións
17 de Abril: II Manifestación Estatal contra os Transxénicos
Plataforma Rural ( Amigos de la Tierra, Cáritas Española, Colectivos de Acción Solidaria, Confederación de Consumidores y Usuarios, CERAI, CIC BATA, CIFAES, COAG - Coordinadora de Agricultores y Ganaderos, Colectivo Tierra de Campos, Ecologistas en Acción, Entrepueblos, Fundación Emaus, Jóvenes Rurales Cristianos, Movimiento Rural Cristiano, MUNDUBAT, Red África Europa, Red de semillas resembrando, SEAE, SOC, SODEPAZ, Universidad Rural Paulo Freire, Veterinarios sin Fronteras, Xarxa de Consum Solidari ) e Greenpeace convocan unha semana estatal de luita contra os transxénicos que acabará nunha manifestación Sábado 17 de abril,
21 de Marzo: Manifestación contra a destrución do teritorio
A Rede Galiza Non Se Vende convoca para Domingo 21 de Marzo unha manifestación contra a destrución do territorio, pola defensa do litoral, por unha ordenación racional do territorio, pola soberanía alimentar e enerxética e por outro modelo de transporte. Sairá ás 12:00 horas da Alameda de Santiago de Compostela.

Mobilización de movimentos labregos en Copenhague
A agricultura industrial é “o esqueleto no armario” da Convención Marco das Nacións Unidas sobre a Mudanza Climática (UNFCCC). Se temos en conta a produción, o tratamento dos produtos e o transporte, toda a cadea alimentar sería a responsábel de case que a metade de todas as emisións de gases de efeito invernadoiro. No entanto, os negociadores non parecen estar dispostos a recoñecer o impacto que teñen os alimentos e o sistema agrícola actual, nen a necesidade apremiante de mudar de xeito radical as políticas sobre alimentación.
O movimento campesiño internacional Via Campesina, que convoca por centos de millóns de pequenos agricultores e campesiños de todo o mundo, estará presente en Copenhague para reivindicar que a agricultura sustentábel a pequena escala é a solución para saír da crise na que nos atopamos.
Ciberacción de Salva la Selva contra Monsanto e os transxénicos
Salva la Selva secunda a convocatoria da Via Campesina fronte ás transnacionais organizando unha ciberacción dirixida á Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño para que deteña xa a expansión dos transxénicos no Estado español.
Ciberacción: Pede transparencia nas decisións sobre transxénicos!
Venres 4 de setembro celebrouse unha reunión entre altos cargos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), a industria dos transxénicos e organizacións afíns a esta industria, para tomar decisións que afectan ao cultivo de OMG en España.
Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción e Greenpeace lamentan que esta reunión teña lugar sen a presenza de todos os colectivos implicados para establecer unha verdadeira análise e debate sobre a situación dos OMX en España e denuncian a falta de transparencia deste ministerio e do Grupo de Traballo de Organismos Modificados Xeneticamente (GTOMX) do Consello Asesor de Medio Ambiente (CAMA).
Crise láctea: Apoio aos produtores en folga e chamada a accións
A crise láctea na Unión Europea estase a agravar. A inercia e a ausencia de vontade política dos Gobernos e da Comisión Europea xeran a cólera e a desesperación dos produtores. Neste contexto, este xoves unha folga do leite foi lanzada na Franza, á iniciativa do European Milk Board.
A Coordenadora Europea Via Campesina sostén e sosterá ás/aos produtoræs de leite en folga.
Manifesto de Bagua
As institucións abaixo asinantes queremos denunciar os feitos acaecidos en Perú o pasado 5 de xuño, en que se produciron decenas de mortos e feridos, entre indíxenas e policía, durante o desaloxo por parte de forzas especiais da Policía Nacional (DINOES), das posicións que os indíxenas ocupaban en Bagua, departamento do Amazonas.
Os pobos indíxenas da Amazonía peruana mobilizáronse para defender os seus territorios ancestrais, ocupados nas zonas alta e baixa da Amazonía. Actualmente, estes territorios atópanse afectados pola crecente e irracional explotación de recursos como o ouro, a madeira, o petróleo e o gas que leva a cabo sen respeito polas decenas de pobos indíxenas que manteñen unha das maiores diversidades culturais do planeta. Moitas destas explotacións corresponden a áreas entregadas en concesión polo goberno peruano a empresas transnacionais que se impón nos territorios indíxenas, ignorando os dereitos das comunidades nativas.
Solidariedade co(a)s indíxenas amazónic@s do Perú
Os homes e as mulleres, campesiñas e campesiños membros da Vía Campesina de Asia, Europa, Africa e América manifestámonos indignados, e ofendidos ante o masacre cometido contra os irmáns indíxenas de Bagua no norte do Perú, no día 5 de Xuño, Día Mundial do Ambiente. Condenamos e rexeitamos este xenocidio cometido contra aqueles que loitan polos seus territorios, recursos naturais, a súa autonomía, cultura e identidade.
Condenamos e rexeitamos as políticas imperialistas de marxinación, opresión e destrución dos nosos pobos orixinarios, que se impón en Perú, América e outras partes do mundo.
Asina: A soia velenosa e transxénica non é responsábel!
Este Maio, a “Mesa Redonda de Soia Responsábel” ten a intención de decidir sobre un conxunto de criterios de soia “responsábel” certificada. Desde o comezo, este proxecto foi criticado profundamente. A soia transxenica vai ser certificada como “responsábel”, lavando a cara da industria soieira e confundindo ao público. Organizacións como WWF e a ONGD Solidaridad son cúmplices. Unha campaña exixe que estas organizacións deixen de facer parte da RTRS.
Pódese considerar a soia transxénica e cultivada con pesticidas como “responsable”? “Imposíbel”, dirás se cadra. O dano causado aos seres humanos e ao ambiente pola soia Roundup Ready de Monsanto en países como Arxentina e Paraguai é enorme.
Solidariedade con Acción Ecológica de Ecuador
O goberno ecuatoriano, a través do seu Ministerio de Sanidade, vén de ilegalizar a organización ecoloxista Acción Ecológica. Fundada hai 23 anos, Acción Ecológica é unha organización de referencia no ecoloxismo social mundial, defensora da soberanía alimentar dos pobos, integrada en e impulsora de múltiples redes nacionais e internacionais. A asociación estaba rexistrada no Ministerio de Sanidade porque en 1989 non existía Ministerio do Ambiente. A ilegalización baséase no suposto incumprimento por parte de Acción Ecológica dos fins para os que foi criada.
Os obxectivos de Acción Ecológica, segundo os seus Estatutos, son:
Nun pavillón deportivo
Seiscentas persoas sentadas no chan dun pavillón deportivo próximo a Maputo. Preside un grande tapiz onde unha muller e un home de raza negra coas súas mans unidas sosteñen o planeta Terra. Sobre o cemento un mapamundi realizado con terra mozambicana. Sobre os cinco continentes, 600 candeas prendidas ofrécense fronte a un retrato. Seiscentas voces en silencio. Sobre a tarima do pavillón unha muller nova, seguindo o fío dos seus papeis, relata a súa historia, sen que o sorriso desaparecese dos seus ollos.
Declaración de Maputo: V Conferencia Internacional da Vía Campesina
Maputo, Mozambique, 19-22 Outubro, 2008
Soberanía alimentar xa! Coa loita e a unidade dos pobos!
Nós somos a xente da terra, quen producimos alimentos para o mundo. Temos o dereito de seguir a ser campesiños e campesiñas e a responsabilidade de continuar a alimentar aos nosos pobos. Coidamos as sementes, que son a vida e pensamos que o acto de producir alimentos é un acto de amor. A humanidade necesita da nosa presenza, negámonos a desaparecer.
Resistir para avanzarmos
Ao entrar ao recinto da Escola de Formación de Matola, en Maputo, Mozambique, percebes a enerxía e rebeldía que dous días de encontro deixaron no ar quente deste recuncho do Planeta. Porque neste espazo se atopan 600 mulleres e homes líderes campesiños chegados de todos os continentes para participar na V Asemblea da Vía Campesina, cun propósito claro, que aquí se sente posíbel: mudar o mundo. E para iso a primeira medida é resistir. Resistir como demostrou a UNAC, organización campesiña maioritaria en Mozambique e excelente anfitrioa do evento. A UNAC defende con claridade os argumentos da Soberanía Alimentar, o paradigma da Vía Campesina quen de xerar o primeiro movemento mundial alternativo ao modelo neoliberal. Así llo fixo saber o día da inauguración da Asemblea ao presidente de Mozambique.
Ciberacción: Non aos obxectivos, subvencións e importación de agrocombustíbeis pola UE
11 de Setembro reunirase a Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeu, para discutir sobre as recomendacións á Unión Europea acerca dos obxectivos e política de agrocombustíbeis. A política de agrocombustíbeis da UE ten consecuencias globais. Os monocultivos destinados á exportación para a elaboración de agrocombustíbeis avanzan en países empobrecidos desprazando poboacións indíxenas e labregas, destruíndo ecosistemas, poluíndo, degradando a soberanía alimentar dos pobos…
A UE debe pór fin ao boom dos agrocombustíbeis: suspendendo os seus obxectivos de utilización e acabando coas subvencións millonarias á produción. Os agrocombustíbeis non son a solución, cumpre mudar o noso modo de vida.
Participa na ciberacción promovida por Salva a Selva!
Solidariedade co Movimento Verde Eufémia
17 de Agosto de 2007 uns 150 activistas, organizados como Movimento Verde Eufémia, realizaron a primeira acción directa nonviolenta contra o cultivo de transxénicos en Portugal. Seguindo o exemplo dos Segadores Voluntarios, o Movimento Verde Eufémia destruíu case que unha hectárea de millo transxénico da variedade MON810. A acción foi realizada nunha extensión de 51 hectáreas de monocultivo de millo modificado xeneticamente situada en Silves, na rexión do Algarve, primeiro territorio portugués declarado Zona Libre de Transxénicos (Agosto de 2004). O MVE ofereceu ao empresario agrícola semente biolóxica para recultivar as 51 hectáreas, proposta que foi rexeitada polo propietario.
Ciberacción: Empresa de agrocombustíbeis reprime violentamente indíxenas en Guatemala
A expansión de agrocombustíbeis en Guatemala está en conexión con violacións de dereitos humanos, perda das terras de comunidades indíxenas e con grave destrución ambiental. Unha das empresas produtoras de etanol de cana de azucre en guatemala é o Enxeño Guadalupe. Durante os últimos tres anos, estiveron a deforestar e plantar vastas áreas de terra para etanol nunha área coñecida como Finca Los Recuerdos. Os campesiños indíxenas opóñense firmemente á invasión do seu territorio, así como á destrución ambiental ocasionada polo Enxeño Guadalupe.
Assine manifesto contra a criminalização do MST
Esta luta é de todos e todas!
O MST está sofrendo uma verdadeira ofensiva de forças conservadoras no Rio Grande do Sul.
Não só querem impedir a divisão da terra, como determina a Constituição, mas pretendem criminalizar os que lutam pela Reforma Agrária e impedir a continuidade do Movimento.
Para tanto, essas forças politicas defensoras de poderosos interesses de grupos econômicos de empresas transnacionais, que estão se instalando no Estado para controlar a agricultura, e os latifundiários, estão representadas hoje no governo de Yeda Crusius (PSDB), na Brigada Militar, no setores do Poder Judiciário local e no poder do monopólio da mídia.
Nesta terça-feira, o MST-RS apresentou uma denúncia formal, junto a comissão de Direitos Humanos do Senado Federal que se deslocou até Porto alegre, especialmente para acompanhar a situação.











