Estás aquíVídeo
Vídeo
Xa están na rede os vídeos do III Congreso e Agroecoloxía
Xa se poden ver na rede os vídeos das sesións gravadas do III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, organizado polo GIEEA e no que se fixo unha apresentación da ISAP (que lamentabelmente non puido ser gravada).
Soberanía Alimentar en Somalia
A información que os medios de comunicación nos van ofrecendo sobre os secuestros de barcos atuneiros fronte ás costas de Somalia foi, pinga a pinga, matizándose. Aínda que se siga a falar de pirataría, explicouse como nesas augas moitos países desenvolvidos fomos deitando residuos tóxicos. Sabemos tamén que unha das razóns polas que se chega a esta situación foi a pesca ilegal, a pesca en augas territoriais somalíes, e sempre a uns ritmos e cantidades que deixan os caladoiros ao bordo do colapso. Entre os barcos responsabeis está a flota española que foi ademais altamente subvencionada pola Unión Europea para este, digamos, ecocidio. Por exemplo, o Alakrana, barco recentemente secuestrado, recibiu unha axuda para a súa construción de máis de catro millóns de euros.
“Os campos da morte”: Impactos do cultivo de soia en Latinoamérica
"Unha soterrada cadea de destrución conecta as explotacións gandeiras intensivas en Europa cos bosques de América Latina. Inmensas plantacións de soia, cultivada para alimentar os polos, vacas e porcos europeus, eliminan a vida selvaxe e agravan o problema da mudanza climática.
Para dedicar máis superficie ao cultivo de soia, millares de persoas están a ser forzadas a abandonar as súas terras. Estase a desprazar poboación indíxena e estanse a talar bosques.
Este novo documental investiga os impactos do cultivo de soia en América Latina e mostra como a agricultura de pequena escala, beneficiosa para a poboación e para o ambiente, está a ser desprazada polos grandes negocios."
Copier-Coller | Copy and Clone
Industria agroalimentar e biotecnoloxía segundo Louis Rigaud.
“Hasta las huevas”: Os impactos da acuicultura de salmón en Chile nunha curta de animación
VSF e Citoplasmas veñen de apresentar a súa última criazón, “Hasta las huevas”, unha curtametraxe de animación stop-motion sobre os impactos ambientais e sociais da acuicultura do salmón en Chile. A anterior entrega, “Quiero ser tortilla” foi finalista do III Festival de Curtametraxes Actúa (organizado por Intermón-Oxfam) e de Videodiversidad 2008, certame de video sobre ecoloxismo social organizado por Ecologistas en Acción.
Solidariedade co Movimento Verde Eufémia
17 de Agosto de 2007 uns 150 activistas, organizados como Movimento Verde Eufémia, realizaron a primeira acción directa nonviolenta contra o cultivo de transxénicos en Portugal. Seguindo o exemplo dos Segadores Voluntarios, o Movimento Verde Eufémia destruíu case que unha hectárea de millo transxénico da variedade MON810. A acción foi realizada nunha extensión de 51 hectáreas de monocultivo de millo modificado xeneticamente situada en Silves, na rexión do Algarve, primeiro territorio portugués declarado Zona Libre de Transxénicos (Agosto de 2004). O MVE ofereceu ao empresario agrícola semente biolóxica para recultivar as 51 hectáreas, proposta que foi rexeitada polo propietario.
“Quiero ser tortilla”: Soberanía alimentar e agrocombustíbeis en animación stop motion
“Panocha é unha mazaroca de millo mexicana que vive feliz cun labrego e o seu porco. A descoberta da súa identidade transxénica será o comezo dunha serie de desafortunados acontecimentos con cosecuencias funestas para todos. Aceitará Panocha submisa o seu programado destino?” Esta é a sinopse de “Quiero ser tortilla”, unha curtametraxe de animación stop motion a partir de materiais de refugallo e obxectos cotidianos producida por Citoplasmas a iniciativa de VSF.
Vídeo: Carme Freire (SLG) entrevístase con Gilda Roa (MAP)
A visita da dirixente labrega paraguaia Gilda Roa a Galiza, convidada pola Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos no cadro da xira “A soia mata”, ademais de para dar tres charlas, facer un almorzo coa prensa e reunirse con persoal da Dirección Xeral de Cooperación, serviu de oportunidade para a celebración dunha entrevista con Carme Freire, secretaria xeral do SLG. Podes ver aquí o video da conversa entre as dúas dirixentes labregas.
De flores e raíces
A desigualdade e a inxustiza adoptan moitas formas, ás veces, o sen sentido do capitalismo até lles dá a forma dunha rosa vermella. As raíces dalgunhas flores son moi profundas, do talo crávanse no chan baixo os nosos pés e de aí seguen a crecer, atravesan o Atlántico a grande velocidade e se deteñen na sabana de Bogotá. Alí, baixo plásticos para manter a calor da desesperación humana, nútrense de machismo, de fumigacións, de acosos, de inxustiza, de pobreza, de fame, de enfermidades, de traballos sen dereitos, de xornadas onde o reloxo se garda no peto do propietario e non sae de aí até que el decida, de salarios que apenas permiten comprar un pouco de ar, enfermo, onde respirar, de cidades lixo onde se malvive, de familias esmiuzadas como os solos agrarios baixo os seus pés inchados.
A Soberanía Alimentar segundo “Rutas de Solidaridad”, da ETB
En Febreiro de 2007 celebrouse en Sélingué, Mali, o Foro Mundial de Nyéléni para a Soberanía Alimentar, cuxo mandado segue a Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos. O programa “Rutas de Solidaridad”, de Euskal Telebista, estivo alí e rodou catro reportaxes, o tráiler é unha boa introdución ao significado da Soberanía Alimentar:










