Estás aquíConvocatorias

Convocatorias


Curso: "A práctica do Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar"

A Cova da Terra, Espacio por un Comercio Justo, Panxea e Xarxa Consum Solidari organizan en Lugo para os días 18 e 19 de Xuño de 2010 o curso "A práctica do Comercio Xusto dende a perspectiva da Soberanía Alimentar", que se desenvolverá no Centro de Convivencia Maruja Mallo (Carril das Hortas s/n). As prazas son limitadas (25) e o xantar está incluído no curso.

Para se apontar cumpre enviar un correo-e a covadaterra(a)yahoo.es até 17 de Xuño.

Máis información aqui

8-10 de Outubro de 2010: VII Foro por un Rural Vivo

Os vindeiros días 8 a 10 de Outubro de 2010, en Cortes de la Frontera (Málaga), celebrarase o VII Foro por un Mundo Rural Vivo co lema "Agriculturas e vilas vivas para alimentar o mundo e arrefriar o planeta!"

1-OBXECTIVOS

  • Mobilizar á sociedade rural e ás organizacións sociais que anceian un mundo rural vivo.
  • Afianzar O FORO como un espazo de debate e de propostas transformadoras para unhas vilas con vida.
  • Fortalecer PLATAFORMA RURAL como alianza por un mundo rural vivo e o proxecto político que representa.

2-CONTIDOS

Contracumio de pesca en Vigo

Ante a reunión que manterán nos primeiros días de maio os ministros de pesca da UE en Vigo, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE /GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, máis a problematica situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.

Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como confrarías de pesca e representantes do sector marisqueiro locais.

10 de Abril: Feira e Xantar pola Soberanía Alimentar e Contra os Transxénicos

A ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) organiza para Sábado 10 de Abril en Santiago de Compostela unha feira e un xantar agroecolóxico pola soberanía alimentar e contra os transxénicos. Estes actos enmárcanse na Semana Estatal de Luita Contra os Transxénicos convocada por Plataforma Rural e Greenpeace, que concluirá 17 de Abril cunha manifestación estatal antitransxénicos en Madrid.

A Feira será de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Toral. Nela haberá postos de produtos agroecolóxicos locais e de asociacións que traballan pola soberanía alimentar dos pobos.

Xornada de Debate: Transxénicos, afección no medio e a alimentación

Venres 9 de Abril celebrarase unha xornada de debate sobre os transxénicos e a súa afección no medio e na alimentación. O evento terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames). Participarán José Ramón Vidal, do Dpto. de Fisioloxía Vexetal da USC, Charo Sánchez, representante da Plataforma Galega Antitransxénicos e Noa Estévez, representante da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsable.

Fonte: PGA

III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galiza (Vigo, 24-26 de Xuño de 2010)

Os vindeiros días 24 a 26 de Xuño de 2010 clelebrarase o III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galiza, co título "Soberanía Alimentar e Agricultura Ecolóxica. Propostas de Acción". Será en Vigo, no Edificio Miralles (Cámpus Universitario Lagoas-Marcosende).

Obxectivo xeral

Cara a unha Alianza pola Soberanía Alimentar dos Pobos

Grupos e redes en defensa da soberanía alimentar de distintos territorios do Estado español reuníronse o 19 e 20 de febreiro en Vinyols i els Arcs (Tarragona) para avanzar na construción da Alianza pola Soberanía Alimentar dos Pobos. Unhas 50 persoas representantes de colectivos impulsores desta iniciativa en Castela e León, Andalucía, Cataluña, Madrid, País Valenciano, Castela-A Mancha, Euskal Herria, Estremadura, Galiza e Asturias atopáronse para debater sobre os obxectivos e o plano de traballo. En palabras de Paul Nicholson, do sindicato agrario EHNE e da Vía Campesina: "A Alianza pola Soberanía Alimentar dos Pobos que ser un movimento social. Non estamos a facer unha nova organización nen plataforma. Queremos apoiar as actividades que se dan no local, nunca substituír, e construír unha proposta política de acción en torno á soberanía alimentar a medio e a longo prazo".

Celebradas as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar

O fin de semana de 27 e 28 de Febreiro celebráronse na Faculdade de Filosofía da USC as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar organizadas pola ISAP. Algo máis de cen persoas asisitiron ás palestras e mesas redondas a pesar da alerta xerada polo paso do temporal Xinthya. Coincidindo coas Xornadas, o suplemento Altermundo dedicou o seu número de Febreiro (que podes descarregar en formato .pdf) á Soberanía Alimentar.

Suspéndese a Feira pola Soberanía Alimentar de Domingo 28 de Febreiro

A Feira pola Soberanía Alimentar que ía acompañar 28 de Febreiro as Xornadas organizadas pola ISAP foi suspendida. Á atitude do Concello de Santiago de Compostela (incapaz de respostar nun mes a unha solicitude) sumouse unha ameaza de forte temporal que complicaría o normal desenvolvimento da feira. Por estes motivos a ISAP decidiu aprazar a celebración. As Xornadas, en cambio, continúan adiante na Faculdade de Filosofía seguindo o seu programa.

Campesiñado, xente do mar, activistas e investigadores falarán en Compostela sobre alimentación xusta e sustentábel

Persoas dedicadas á agricultura, gandaría, pesca artesanal, marisqueo, consumo responsábel e investigación, de Galiza, Cataluña, País Basco, Mozambique e Chile, participarán nas palestras e mesas redondas das Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar organizadas pola ISAP para os días 27 e 28 de Febreiro en Santiago de Compostela. Domingo 28 haberá ademais unha feira na Praza de Mazarelos.

A democratización da alimentación, as relacións Norte-Sul e a fame, o impacto do modelo agroindustrial sobre a mudanza climática, as dificuldades e alternativas en marcha para vivir da terra e o mar, a situación e expectativas do consumo resonsábel, así como a situación en Mozambique e Chile serán os temas sobre os que se falará e debaterá nas Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar organizadas pola ISAP co apoio da Cooperación Galega.

IV Xornadas de Agroecoloxía en Ourense

Un ano máis, Verdegaia xunto con A Esmorga, Amarante, Amigos da Terra e Semente organizan as Xornadas de Agroecoloxía. Xa imos pola cuarta edición, que comeza o 20 de febreiro. Ademais, contamos coa colaboración de Anacos da Cidade, Cine Clube Padre Feijoo, Escola de Arte Faílde, a Facultade de Ciencias do Campus de Ourense e do Teatro Principal.

Mobilizacións labregas contra a OMC: “Organización Mundial das Crises”

Do 27 de novembro ao 3 de decembro próximos, o movemento internacional da Vía Campesina xunto con Uniterre estarán presentes en Xenebra con ocasión da 7ª Conferencia da Organización Mundial do Comercio (OMC). Unha trintena de delegados e delegadas provenientes de África, Asia e Europa recordarán aos correspondentes ministros que se van reunir as súas responsabilidades dentro do actual caos alimentar, financeiro e climático. O balance das políticas da OMC e dos acordos de libre comercio é catastrófico, sobre todo para o campesiñado no mundo. A rolda de Doha -chamada rolda do desenvolvemento- é sen máis, unha rolda de desenvolvemento de crise. Pascal Lamy, director xeral da OMC non cesou de presentar as políticas da súa organización como unha solución milagre para as economías do mundo.

20 de Novembro: Mercado transparente e concentración para mudar a política agraria

O SLG organiza para Sexta-feira 20 de Novembro ás 12:00, na Praza do Toral (Compostela), un mercado transparente e unha concentración para demandar mudanzas na política agraria.

A situación na que se atopan arestora os sectores de produción agraria esixen a suma de forzas para acadarmos a modificación das actuais políticas agrarias en aras dunha maior transparencia no mercado que implique a fixación de prezos mínimos para o sector produtor.

Dende nosa entrada no mercado comunitario e a aplicación da Política Agraria Común (PAC), ano tras ano vemos como os nosos produtos perden valor ao tempo que os consumidores e consumidoras pagan cada día máis para levar a alimentación que nós producimos até a súa mesa.

13-17 de Novembro: Foro paralelo ao cume da FAO (Roma)

Paremos a crise, mudemos o sistema alimentar!

Do 13 ao 17 de novembro reuniranse en Roma máis de 400 delegados (o número dependerá da dispoñibilidade de fundos[1]) de 70 países diferentes en representación de organizacións de pequenos produtores de alimentos, organizacións de agricultores, pescadores, pobos indíxenas, traballadores rurais e da alimentación, mocidade rural, mulleres e grupos transhumantes, ademais de habitantes de cidades afectados pola inseguranza alimentar e ONG, con motivo dunha iniciativa paralela ao Cume Mundial sobre Seguranza Alimentar organizado pola FAO. O Foro pola Soberanía Alimentar dos Pobos 2009 está auspiciado por un Comité de Pilotaxe Internacional (CPI) formado por diversas Organizacións da Sociedade Civil (OSC) que representan aos produtores de alimentos e aos pobos afectados.

Chamada da Via Campesina fronte ás transnacionais

As corporacións transnacionales son os nosos inimigos comúns, constitúen a forma actual do capital que exerce o control sobre as nosas economías.

Nas zonas rurais estamos a ver unha feroz ofensiva do capital e as transnacionais sobre a agricultura e os bens naturais, é unha guerra privatizadora de rapina contra campesiños e indíxenas, un roubo privatizador da terra, a biodiversidade, a auga, as sementes, a produción, o comercio agrícola.

Non se trata somente das transnacionais dos agronegocios, tamén estamos a falar das dedicadas ás extraccións mineiras, ao monocultivo de árbores, ás grandes represas, as que controlan os mercados de distribución, e en xeral, todas aquelas que involucran a expansión de industrias contaminantes que están a desputar e se apropiar da terra, a auga e o territorio.

10 de Setembro: Días das luitas labregas contra a OMC

Hoxe celebramos o 10 de setembro, día internacional das loitas campesiñas contra a OMC. Cada ano, con ocasión desta data, rememoramos o 10 de setembro do 2003 e a nosa mobilización contra a OMC en Cancún.

Reclamemos os Campos: Campamento Europeu para Cultivar Alternativas

30 de Setembro- 4 de Outubro 2009, en Minerve (Franza)

Nós, moz@s da Coordenación Europea da Vía Campesina estamos a organizar un campamento europeu para xuntar moz@s que se queran establecer no campo, que xa sexan campesiños ou campesiñas, campesiños e campesiñas sen terra e/ou quen queiran recuperar a soberanía alimentar.

No Día do Comercio Xusto, pola Soberanía Alimentar!

Co gallo do Día Internacional do Comercio Xusto e co lema “Pola Soberanía Alimentar, por un Comercio Xusto no Norte e no Sul” sete organizacións de comercio xusto e solidariedade, ecoloxistas, de consumo responsabel e labregas, únense para demandar un comercio xusto e denunciar as condicións de produción e o control dos prezos das grandes empresas que non garanten nen salarios dignos nen unha vida digna ás persoas produtoras. O sistema industrial agroalimentar que degrada o ambiente e as garantías de alimentos sans e saudabeis para as persoas.

Reivindicar o Comercio Xusto como un acto político

Xira galega da coordenadora en África da Vía Campesina

No marco da Semana Galega do Comercio Xusto, Amarante, Sindicato Labrego Galego e Verdegaia organizan unha xira por Galicia da dirixente campesiña Mariam Sissoko (presidenta de muller da CNOP -Coordenación Nacional de Organizacións Campesiñas de Mali- e coordenadora en África do movemento Vía Campesina).

23 de Abril: Palestra de Gustavo Duch en Lugo

O director de VSF (Veterinarios Sen Fronteiras) e autor do libro “Con los pies en la Tierra” (Icaria) estará en Lugo mañá, Xoves 23 de Abril, para participar nunha palestra organizada por VSF en colaboración coa Cova da Terra co título “Os señores da fame e a construción da soberanía alimentar dos pobos“. Será na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo 4, Lugo) ás 20:00 horas.

18 de Abril: Manifestación Estatal Antitransxénicos en Zaragoza

POR UNHA ALIMENTACIÓN E UNHA AGRICULTURA LIBRES DE TRANSXÉNICOS!
Sairán buses de Galiza

Os transxénicos son un experimento a grande escala cunha tecnoloxía chea de efectos imprevistos e non desexados. Ameazan a nosa saúde, teñen efectos ambientais negativos, producen contaminación xenética, agravan os problemas de acceso á alimentación… entre outros perigos.

Moitos países xa os prohibiron, mais o Estado español segue facilitando a súa expansión, poñendo en perigo a nosa saúde e o noso medio ambiente en favor dos intereses dunha presa de multinacionais.

Os consumidores e consumidoras e os labregos e labregas temos o dereito e a responsabilidade de coñecer e de decidir como e onde se producen os nosos alimentos e apostar por un modelo de agricultura sustentábel e seguro.

17 de Abril: Día Internacional da Loita Labrega

Xuntos polos dereitos dos labregos e labregas!

17 de Abril foi declarado pola Vía Campesina desde 1996 como o “Día Internacional da Loita Labrega” como homenaxe aos dezanove campesiños do Movimento Sem Terra asasinados pola policía brasileira durante unha acción de mobilización para acceder a certas terras. Trece anos máis tarde, a loita polo recoñecemento dos dereitos dos labregos e labregas segue a ser unha prioridade para Vía Campesina.

Certame de contos de VSF-Euskal Herria

Co fin de fomentar a creación literaria referida ao ámbito da problemática que sofre o campesiñado nos países do Sur, Veterinarios Sen Fronteiras - Mugarik Gabeko Albaitariak convoca o primeiro Certame de Contos.

Poden participar no concurso cantos autores o desexen, cunha ou máis obras escritas en castelán ou en éuscaro.

As obras deberán ser orixinais e inéditas e o tema central e obrigatorio será: A problemática do campesinado, a soberanía alimentar.

A extensión dos contos non poderá ser superior a catro folios DIN A4 mecanografados por unha soa cara, en tipo de letra Arial, corpo 12.

O prazo de presentación dos contos abrirase 23 de Febreiro e finalizará 7 de Abril. Os contos gañadores coñeceranse 17 de abril coincidindo co día da Loita Labrega.

As obras deberán ser enviadas ao seguinte enderezo:

Veterinarios Sen Fronteiras
Certamen de Cuentos
C/Los Baños, 35
48910 Sestao Bizkaia

18 de Abril, en Zaragoza: Manifestación estatal contra os transxénicos

18 de Abril de 2009

Manifestación estatal ás 12:00 desde Puerta del Carmen, Zaragoza

POR QUE NON QUEREMOS TRANSXÉNICOS

Transxénicos: Organismos creados artificialmente en laboratorio, ao introducir xenes dunhas especies noutras. Así se obteñen seres vivos que non existirían de forma natural. é un experimento a grande escala cunha tecnoloxía chea de efectos imprevistos e non desexados.

Ameazan a nosa saúde: Falta investigación para coñecer todos os danos que poden ocasionar, polo que algúns cultivos autorizados prohibíronse posteriormente. Provocan novas alerxias e resistencia a antibióticos. Varios estudos demostran problemas de fertilidade, toxicidade en ril e fígado.

Os colectivos contra as concesións mineiras na Terra Chá estarán presentes na mobilización da Rede Galiza Non se Vende

Os colectivos que estamos en contra das concesións mineiras na Terra Chá estaremos presentes na mobilización convocada pola rede cidadá Galiza non se Vende o vindeiro domingo 15 de febreiro en Santiago de Compostela.

Pasados dous anos dende que Erimsa obtivo as concesións para a extracción de cuarzo na Terra Chá, a loita continúa.

Nestes dous anos temos promovido varios recursos de alzada e revisión, pedindo a nulidade das concesións. Estes recursos atópanse na actualidade algúns deles sen resolver, e en distintas fases.

Os primeiros, presentados o 26/12/07 están pendentes de resolución na Sala do Contencioso Adm. Sección 3ª Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Téñense presentado encritos dirixidos ao Valedor do Pobo, así coma ás distintas administracións que podían ter responsabilidade nestas concesións.

17 de Abril: Día Internacional da Luita Labrega

Xuntos polos dereitos dos campesiños e as campesiñas!

17 de Abril foi declarado pola Vía Campesina desde 1996 como o “Día Internacional da Loita Labrega” como homenaxe aos dezanove campesiños do Movimento Sem Terra asasinados pola policía brasileira durante unha acción de mobilización para aceder a certas terras. Trece anos máis tarde, a loita polo recoñecemento dos dereitos dos campesiños e campesiñas segue a ser unha prioridade para Vía Campesina.

A agresión israelí destrue a agricultura palestina

Comunicado de prensa da Unión de Campesiños Palestinos

15 de Xaneiro de 2009, Ramala, Faixa de Gaza.

O feroz ataque israelí contra a Faixa de Gaza levou á destrución de todos os sectores, desde os seres humanos até as rochas. Este ataque levou á completa destrución das instalacións do sector agrícola, desde a remoción de terras dos regadíos, o desarraigamento de árbores e o dano de cultivos, até a demolición de invernadoiros e cortellos. Hai que anotar que a Faixa de Gaza ten un total de sete mil hectáreas de terra agrícola con capacidade de producir entre 280 e 300 mil toneladas de produtos agrícolas ao ano, un terzo dos cais son para a exportación. A agricultura ofrece emprego permanente e temporal a máis de 40 mil persoas na Faixa de Gaza, o cal representa o 12,7% da forza laboral, e prové alimentos e medios de vida a un cuarto da poboación da Faixa de Gaza.

Vigo: Xornadas sobre Cooperativas Agroecolóxicas

A Tira, proxecto colectivo de cultivo agroecolóxico para o autoconsumo en Candeán (Vigo) organiza as xornadas “Experiencias de Hortas Urbanas. Cooperativas agroecolóxicas de produción, distribución e consumo”, falarán:

  • Sábado 20 de Decembro ás 20:00 horas
    Sonia Campo (Bajo el Asfalto está la Huerta, Madrid)
    Lugar: LS. A Cova dos Ratos. Rúa Romil 3, Vigo.
  • Venres 26 de Decembro ás 20:30 horas
    Daniel V. Merens de (Hortigas, Granada)
    Jas (Crestas y Lechugas, Sevilla)
    Lugar: L.S. Faísca. Rúa Toledo 9, Calvario (tras a igrexa dos picos) Vigo.

Soberanía Alimentar no Foro Social Galego

Os vindeiros 5 a 7 de Decembro, en Santiago de Compostela, celebrarase o primeiro Foro Social Galego e nel haberá un sitio para a soberanía alimentar dos pobos. Podes consultar o programa aquí.

Actividades relacionadas coa Soberanía Alimentar no FSGal (Faculdade de Filoloxía)

Sábado 6

  • 12:00 horas, na sala 12
  • Paul Nicholson e representantes das entidades promotoras:
    “Soberanía Alimentar: Unha saída á crise provocada polas políticas agrarias e alimentares”
    .
    Organiza: Amarante, Fundación Galiza Sempre, Marcha Mundial das Mulleres, SLG, Verdegaia e VSF

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.