Estás aquíAmbiente

Ambiente


O 70% da auga no mundo utilízase na agricultura

No medio rural, o acceso á auga é cada vez máis difícil para o campesiñado.

Durante os días que rodean ao Día Mundial da auga, este ano dedicado á calidade da mesma, lemos dados arrepiantes como que 900 millóns de persoas non teñen aceso a auga potable. Unha mostra máis dun mundo no que a desigualdade e a inxustiza son o paradigma dominante. Un dado que, como o do número de persoas famentas, non para de crecer desde que Nacións Unidas anunciase os Obxectivos do Milenio.

Neste Día Mundial da auga, unha vez máis, desde Veterinarios Sen Fronteiras queremos lembrar que a auga é esencial para a produción de alimentos no campo. Trátase dun elemento tan vital para o campesiñado como a terra ou as sementes, e é paradoxal que o aceso a estes tres insumos básicos sexa cada vez máis difícil para as familias produtoras de alimentos.

Terra viva e vida digna para tod@s!

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
&nbsp

Organizacións sociais presentan Manifesto Galego polo Clima

Por iniciativa da Alianza Galega polo Clima -constituída hai 3 meses por Amigos da Terra, Greenpeace e Verdegaia- diversas organizacións sociais e plataformas cidadás galegas asinaron un manifesto baixo o lema "Sustentabilidade e xustiza contra a crise climática". Coincidindo coa recta final do Cumio do Clima de Copenhague, estas organizacións demandan a nivel internacional e galego a adopción de accións efectivas para previr unha mudanza climática catastrófica.

Por que deixamos as nosas granxas atrás para vir a Copenhagen

Discurso de Henry Saragih, Coordinador Xeral da Via Campesina

Apertura do Klimaforum, 7 de Decembro, Copenhagen.

Esta é unha noite moi especial na que nos unimos para a apertura da asemblea dos movementos sociais e da sociedade civil no Klimaforum. Nós, o movimento campesiño internacional Via Campesina, chegamos a Copenhagen desde as cinco esquinas do planeta, abandonando as nosas terras, o noso gando, os nosos bosques, e tamén as nosas familias nos poboados e pobos dos que vimos para unirnos a todos vós.

Mobilización de movimentos labregos en Copenhague

A agricultura industrial é “o esqueleto no armario” da Convención Marco das Nacións Unidas sobre a Mudanza Climática (UNFCCC). Se temos en conta a produción, o tratamento dos produtos e o transporte, toda a cadea alimentar sería a responsábel de case que a metade de todas as emisións de gases de efeito invernadoiro. No entanto, os negociadores non parecen estar dispostos a recoñecer o impacto que teñen os alimentos e o sistema agrícola actual, nen a necesidade apremiante de mudar de xeito radical as políticas sobre alimentación.

O movimento campesiño internacional Via Campesina, que convoca por centos de millóns de pequenos agricultores e campesiños de todo o mundo, estará presente en Copenhague para reivindicar que a agricultura sustentábel a pequena escala é a solución para saír da crise na que nos atopamos.

Copenhague: A Vía Campesina únese ás mobilizacións

As campesiñas e os campesiños enfrian a Terra!

Campesiños e campesiñas de todo o mundo reuniranse en Copenhague en decembro para defender a súa proposta para solucionar a crise da mudanza climática. A agricultora campesiña sustentábel e a produción local de alimentos están, de feito, arrefriando a terra. A agricultura campesiña permite o secuestro do carbón no solo e require de menos maquinaria empurrada por combustíbeis fóseis e insumos químicos. Máis aínda, se comemos local, requírese de menos enerxía para mover a comida ao longo e ancho do planeta. Dado o enorme impacto da agricultura industrial sobre as emisións de gases con efeito invernadoiro (GEI), unha conversión masiva desde os monocultivos industriais a unha agricultura a pequena escala sustentábel e o desenvolvimento de mercados locais permitiría unha redución masiva nos GEI.

Os colectivos contra as concesións mineiras na Terra Chá estarán presentes na mobilización da Rede Galiza Non se Vende

Os colectivos que estamos en contra das concesións mineiras na Terra Chá estaremos presentes na mobilización convocada pola rede cidadá Galiza non se Vende o vindeiro domingo 15 de febreiro en Santiago de Compostela.

Pasados dous anos dende que Erimsa obtivo as concesións para a extracción de cuarzo na Terra Chá, a loita continúa.

Nestes dous anos temos promovido varios recursos de alzada e revisión, pedindo a nulidade das concesións. Estes recursos atópanse na actualidade algúns deles sen resolver, e en distintas fases.

Os primeiros, presentados o 26/12/07 están pendentes de resolución na Sala do Contencioso Adm. Sección 3ª Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Téñense presentado encritos dirixidos ao Valedor do Pobo, así coma ás distintas administracións que podían ter responsabilidade nestas concesións.

A revolución enerxética

Xa coñecemos as primeiras medidas enerxéticas de Barack Obama, que respostan, por fin, ás necesidades imperiosas dunha rigorosa orientación ecolóxica: redución das emisións de CO² e menor dependencia dos combustíbeis fóseis.

Que coello garda Obama na chisteira para expor con tanta seguridade o soño da independencia enerxética? O nomeamento de Steven Chu como secretario de Enerxía indícanolo con claridade: Obama impulsará o que se coñece como a nova enerxía do azucre. A tecnoloxía en cuestión parece razoábel.

Do mesma xeito que podemos obter combustíbeis líquidos a partir de millo, cana de azucre ou palma africana, poderiamos obter enerxía de todas as plantas e na súa totalidade, non só do grao ou do froito. Extraer azucres que despois poden ser convertidos en gasolina a partir da celulosa dos troncos, talos, follas verdes, pastos e tamén residuos de colleitas. Por iso é polo que tamén defina esta fonte enerxética como os agrocombustíbeis de segunda xeración.

A soberanía alimentar estabiliza o clima!

Posición da Via Campesina sobre a CMNUMC (Convención Marco das Nacións Unidas sobre a Mudanza Climática)

Dez ideas para o cume

En termos médicos, defínese como enfermidade sistémica aquela que afecta a todo o organismo. As crises económica, ecolóxica, hídrica, enerxética, política e alimentar son parte dunha crise sistémica que afecta a todo o planeta. Como pasa con todas as enfermidades, necesitamos rapidamente porlle tratamento. A este respeito, paréceme que deberiamos prestar atención ás seguintes dez medidas, enmarcadas nun particular manifesto chamado Vivir ben.

“Primeiro, se queremos salvar ao planeta Terra para salvar a vida e á humanidade, estamos na obriga de acabar co sistema capitalista. Os graves efeitos da mudanza climática, das crises enerxéticas, alimentares e financeiras son produto do sistema capitalista vixente, inhumano co seu desenvolvemento industrial ilimitado.

Alimentacción

Comprender que a economía é en definitiva un sistema de transformación de enerxía e de materiais en produtos úteis, axúdanos a entender a verdadeira dimensión da actual crise económica, porque, como explican moitos expertos, topamos cunha crise de modelo, onde o mito do crescimento choca coas limitacións físicas propias dun sistema ou planeta finito. Como sostén J.M. Alier, o crescimento económico non é sustentábel ecoloxicamente.

Un contundente exemplo atopámolo se aplicamos esa definición ecolóxica da economía á análise da produción de alimentos na actualidade. A produción e distribución da nosa comida faise cun brutal desperdicio enerxético. Requírese moito petróleo nas fases produtivas -co uso de fertilizante- e na distribución, onde o contaquilómetros dos alimentos dá voltas sen parar, así como biomasa -con dietas moi cárnicas consómense grandes cantidades de cereais.

O chuvasqueiro

Nas ribeiras dos ríos emprazáronse os primeiros asentamentos humanos. Xunto ás augas frías e nítidas de ríos de montaña ou xunto ás augas acougadas e de cor marrón de ríos de selva creceron numerosas comunidades sabéndose próximas á auga potable e a variados alimentos. Nas selvas amazónicas os ríos proporcionan auga para unha agricultura diversificada que garante todo o que necesitan as familias: árbores froiteiras e madeirables, cacao, millo, feixóns, iuca, etc. A pesca asegúralles as proteínas á súa dieta con decenas de variedades de peixes con nomes que recordan a orixe das cousas: pirarucú, tucunaré, jaraquí ou tambaquí. Tamén nas marxes dos ríos se poden colleitar moitas plantas medicinais para previr infeccións de útero ou para aliviar a tose.

O campesiñado produce alimentos, os agrocombustibeis xeran fame e pobreza

Posicionamento de Vía Campesina

A actual onda masiva de investimento na produción de enerxía baseada no cultivo e procesamento industrial de materias vexetais como o millo, a soia, a palma aceiteira, a cana de azucre, etc., non resolverá nen a crise climática nen a enerxética. Así mesmo, traerá desastrosas consecuencias sociais e ambientais. Cría unha nova e moi seria ameaza sobre a produción de alimentos polos pequenos campesiños e o logro da soberanía alimentaria da poboación mundial.

Durante os últimos vinte anos, as políticas neoliberais adoptadas globalmente fallaron ao respostar ás necesidades básicas das persoas. As promesas da FAO na Cimeira Mundial sobre Alimentación de 1996 e nos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio da ONU de sacar ás persoas da pobreza non se cumpriron. Moitas máis persoas están a sufrir fame.

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.