Estás aquíMercados

Mercados


Mobilizacións labregas contra a OMC: “Organización Mundial das Crises”

Do 27 de novembro ao 3 de decembro próximos, o movemento internacional da Vía Campesina xunto con Uniterre estarán presentes en Xenebra con ocasión da 7ª Conferencia da Organización Mundial do Comercio (OMC). Unha trintena de delegados e delegadas provenientes de África, Asia e Europa recordarán aos correspondentes ministros que se van reunir as súas responsabilidades dentro do actual caos alimentar, financeiro e climático. O balance das políticas da OMC e dos acordos de libre comercio é catastrófico, sobre todo para o campesiñado no mundo. A rolda de Doha -chamada rolda do desenvolvemento- é sen máis, unha rolda de desenvolvemento de crise. Pascal Lamy, director xeral da OMC non cesou de presentar as políticas da súa organización como unha solución milagre para as economías do mundo.

20 de Novembro: Mercado transparente e concentración para mudar a política agraria

O SLG organiza para Sexta-feira 20 de Novembro ás 12:00, na Praza do Toral (Compostela), un mercado transparente e unha concentración para demandar mudanzas na política agraria.

A situación na que se atopan arestora os sectores de produción agraria esixen a suma de forzas para acadarmos a modificación das actuais políticas agrarias en aras dunha maior transparencia no mercado que implique a fixación de prezos mínimos para o sector produtor.

Dende nosa entrada no mercado comunitario e a aplicación da Política Agraria Común (PAC), ano tras ano vemos como os nosos produtos perden valor ao tempo que os consumidores e consumidoras pagan cada día máis para levar a alimentación que nós producimos até a súa mesa.

Chamada da Via Campesina fronte ás transnacionais

As corporacións transnacionales son os nosos inimigos comúns, constitúen a forma actual do capital que exerce o control sobre as nosas economías.

Nas zonas rurais estamos a ver unha feroz ofensiva do capital e as transnacionais sobre a agricultura e os bens naturais, é unha guerra privatizadora de rapina contra campesiños e indíxenas, un roubo privatizador da terra, a biodiversidade, a auga, as sementes, a produción, o comercio agrícola.

Non se trata somente das transnacionais dos agronegocios, tamén estamos a falar das dedicadas ás extraccións mineiras, ao monocultivo de árbores, ás grandes represas, as que controlan os mercados de distribución, e en xeral, todas aquelas que involucran a expansión de industrias contaminantes que están a desputar e se apropiar da terra, a auga e o territorio.

Posición da Vía Campesina sobre a crise financeira

A crise do prezo dos alimentos e a crise financeira son o resultado de anos de liberalización ultraliberal que se remonta aos crimes contra a humanidade cometidos contra os pobos autóctonos norteamericanos e africanos para maximizar as ganancias. Os investidores e especuladores que buscan os maiores beneficios utilizaron a “enxeñería financeira” para poder mobilizar grandes sumas de capital entre países e continentes. Estes instrumentos especulativos, os chamados “produtos e servizos financeiros” proporcionaron grandes beneficios pero non se produciu nada. O seu valor incrementouse como resultado da mera expectativa de que o sistema financeiro continuaría sobrevalorando devanditos “produtos” e “servizos”.

Crise láctea: Apoio aos produtores en folga e chamada a accións

A crise láctea na Unión Europea estase a agravar. A inercia e a ausencia de vontade política dos Gobernos e da Comisión Europea xeran a cólera e a desesperación dos produtores. Neste contexto, este xoves unha folga do leite foi lanzada na Franza, á iniciativa do European Milk Board.

A Coordenadora Europea Via Campesina sostén e sosterá ás/aos produtoræs de leite en folga.

10 de Setembro: Días das luitas labregas contra a OMC

Hoxe celebramos o 10 de setembro, día internacional das loitas campesiñas contra a OMC. Cada ano, con ocasión desta data, rememoramos o 10 de setembro do 2003 e a nosa mobilización contra a OMC en Cancún.

O SLG agradece o apoio amosado na crise do sector leiteiro

Como saberedes todas e todos, o sector leiteiro atópase nunha crise sen precedentes por mor das continuas baixadas no prezo do leite. Dende o Sindicato Labrego Galego queremos agradecer as mostras de apoio que por parte de bon número de organizacións sociais e da cidadanía en xeral nos estades facendo chegar dende o inicio do conflicto.

Grazas á forza das labregas e labregos, máis tamén grazas ao alento que dá sentírmonos respaldadas por todas e todos vós, o sector atópase de novo en pé de loita para acadarmos dunha vez por todas un cambio das políticas agrarias que nos permitan vivir do noso traballo, que fixen un prezo xusto para o noso leite.

Carta de Vía Campesina co gallo da reunión mini-ministerial en Deli

Á Vía Campesina, movimento internacional de campesiños, pequenos e medianos agricultores, sen-terra, mulleres rurais, xentes indíxenas, mocidades rurais e agricultores asalariados, gustaríanos facer chegar esta mensaxe, desde a base, á reunión mini-ministerial que terá lugar en Nova Deli os días 3 e 4 de Setembro. Durante moito tempo, estivemos a traballar para denunciar o enorme impacto negativo que a liberalización supón para o medio de subsistencia dos campesiños. En 1999, durante a reunión ministerial da Organización Mundial do Comercio (OMC) en Seattle, expresamos a nosa preocupación ao redor da destrución das nosas economías agrícolas familiares e as profundas crises nas nosas sociedades que son debidas ás políticas rurais neoliberais. De novo, durante a última Conferencia da OMC en Hong Kong en 2005, mobilizámonos porque a situación alcanzou un punto no que os campesiños endebedados estaban suxeitos a unha presión diaria tal que moitos deles chegaron a quitarse a vida.

Quen quer ser millonario?

Calquera de nós pode, desde o pasado 30 de abril, coñecer o destino das axudas que a Unión Europea dedica á agricultura española. Á agroindustria, á nobreza ou ós agricultores e agricultoras? Vale a pena. Visiten a páxina do Fundo Europeu Agrícola de Garantía e -agora que estamos nas vésperas das eleccións europeas - poderán escarbar nos arquivos que mostran os beneficiarios da Política Agraria Común (PAC) que, por certo, xestiona o 43 por cento do orzamento da Unión Europea.

Xente que inviste en xente

Na páxina principal da web dos fondos de investimento do Deutsche Bank pódese ler: “Agora dispomos de aproximadamente a metade da terra cultivable por persoa que tiñamos hai anos. Cada ano hai 80 millóns de bocas máis que alimentar. Invista no negocio de alimentar o mundo”. Especulando co dereito á alimentación provocáronse subidas artificiais do prezo dos alimentos no 2007. As mesmas entidades especulando con fume conducíronnos á crise financeira e todas as súas consecuencias. Entre elas a falta de apoios crediticios para millóns de persoas que os requiren para pór en marcha iniciativas produtivas que lles permitan abrazar esperanzas de futuro. Xustamente o que fai a banca ética que este mes de maio é visible en toda Catalunya no marco da Festa do Comercio Xusto e a Banca Ética.

O reloxio de area

Quen defendemos a Soberanía Alimentar como modelo agroalimentar detectamos, cada vez con maior preocupación, o poder que exerce na cadea alimentar a grande distribución: os súper e hipermercados. (En España catro de cada cinco compras de alimentos realízanse en grandes superficies e entre cinco empresas controlan case o 60% deste sector). Con este dominio oligopólico e situados entre os produtores e os consumidores exercen un control ao xeito dun dobre embude, como un reloxio de area. Os produtores téñense que encartar ás súas condicións e os consumidores somos vítimas, tamén, dos seus caprichos.

No Día do Comercio Xusto, pola Soberanía Alimentar!

Co gallo do Día Internacional do Comercio Xusto e co lema “Pola Soberanía Alimentar, por un Comercio Xusto no Norte e no Sul” sete organizacións de comercio xusto e solidariedade, ecoloxistas, de consumo responsabel e labregas, únense para demandar un comercio xusto e denunciar as condicións de produción e o control dos prezos das grandes empresas que non garanten nen salarios dignos nen unha vida digna ás persoas produtoras. O sistema industrial agroalimentar que degrada o ambiente e as garantías de alimentos sans e saudabeis para as persoas.

Reivindicar o Comercio Xusto como un acto político

Hormonas de crescimento vacún, OMC e medidas de retorsión dos EUA

A saúde e a agricultura labrega campesiña son máis necesarias que o “libre” comercio.
Non queremos carne de vacún con hormonas nos nosos pratos nen mañá nas nosas explotacións. Corresponde á UE e non á OMC determinar que métodos de produción agrícola están permitidos en Europa.

Xusto antes de marchar, o Presidente GW Bush decidiu dar un “agasallo” suplementar aos europeos e europeas reforzando as medidas de retorsión arancelar fronte á UE, que rexeita con moita razón a importación de carne de vacún de animais inxectados con hormona de crescimento. Son as produtoras e produtores europeus que van pagar os gastos.

A Coordenadora Europea Via Campesina[1] pide á UE de non modificar a súa lexislación en canto á importación de carne con hormonas e de non ceder á presión do Goberno dos Estados Unidos.

A Rolda de Doha é o problema, non a solución

Carta Aberta aos nosos Gobernos

Nós, representantes de organizacións de campesiños, mulleres, emigrantes, traballadores, consumidores, pobres urbanos e rurais, pescadores, movementos sociais e organizacións da sociedade civil, escribimos para expresar a nosa alarma debido a que se están a realizar esforzos para concluír as negociacións da Rolda de “Desenvolvemento” de Doha.

17 de Outubro: Xornada sobre Alimentos Locais organizada polo SLG

Coñecendo as caras de quen produce os alimentos que comemos.
Coñecendo as caras de quen come os alimentos que producimos

Novas formas de relación entre @s productoræs de alimentos e @s cidadá(n)s que os comen. Ven coñecer a experiencia das AMAP (Asociacións para a Preservación da Agricultura Labrega) na Franza.

Consumir localmente; apoiar produtos tradicionais, caseiros e ecolóxicos significa consumir produtos frescos, sentir o sabor na súa totalidade, conectar cos ciclos naturais ao consumir produtos de tempada…

Manifesto de Annecy: Por políticas agrícolas xustas, sustentábeis e solidarias

As organizacións campesiñas, rurais, ecoloxistas e de solidariedade internacional, así como todos os cidadáns reunidos este 21 de Setembro de 2008 en Annecy, dirixen aos Ministros de Agricultura da Unión Europea, vindos aquí para discutir o futuro da PAC despois do 2013, o manifesto seguinte :

Comer cada día segue a ser unha necesidade prioritaria para todos. Contodo, o dereito á alimentación é desprezado: é inaceitábel que mil millóns de humanos non teñan aceso a unha alimentación suficiente, sá e culturalmente adaptada, sexa por pobreza (que tampouco se evita en Europa), ou sexa por falta de aceso á produción agrícola. A miseria empurra a millóns de campesiñas, campesiños e traballadores rurais cara ás grandes cidades e a emigración.

O fracaso da “superagricultura”

A liberalización do comercio agrario e un sistema de produción industrial de alimentos foron, como dúas pezas dun mesmo motor, os preceptos das políticas agrarias europeas impulsadas nos últimos anos. Pero a grande convulsión que estamos a viver nos temas agrícolas e alimentares exixe unha revisión profunda dos seus resultados. Onde nos levou confiar só nos mercados? Que representou unha agricultura superprodutivista? Os gobernos europeos coas carteiras de agricultura á fronte, iniciaron as súas reflexións en Annecy (Francia) este mes de Setembro, que concluirán cunha nova reforma da Política Agraria Común.

Manifesto: “Futuro da agricultura e da alimentación. Incúmbenos a tod@s: Por unha nova política agraria”

Unha grande convulsión sacudiu a agricultura e a alimentación a escala planetaria no último ano e medio. O rápido incremento dos prezos das materias primas agrarias nos mercados das materias primas agrarias, fomentado pola especulación, desequilibrou o conxunto do sector e dos agricultores/as do planeta, provocando inestabilidade e incertezas. Nesta situación, a Unión Europa atópase inerme, sen mecanismos de regulación de mercados que lle permitisen facer fronte á crise, posto que previamente os desmantelou. A gandaría europea está a sufrir nestes momentos as consecuencias dunhas políticas inapropiadas. O grande paradigma da reforma da PAC de 2003: “non importa deixar de producir en Europa porque nos poderemos abastecer a prezos máis baratos en países terceiros” resultou ser completamente erróneo e perigoso tamén para os consumidores e consumidoras.

26 de Setembro: Xornada reivindicativa do produto caseiro

SLG, Colexio de Veterinarios da Coruña e Fundación ACIVEGA organizan para a vindeira Sexta-feira 26 de Setembro en Compostela unha Xornada reivindicativa do produto caseiro. Será no Hotel Área Central (Rúa París 7). A xornada de información e debate será acompañada dun mercado de produtos caseiros frescos e transformados.

Programa (Apóntate telefonando para o 659 057 251)

10:00 h
Recepción de participantes

10:15 h
Situación do produto caseiro na Galiza

  • Carme Freire (Secretaria Xeral do SLG)
  • Xosé Uxío Rey (Presidente do Colexio de Veterinarios da Coruña)

11.30 h
Implicacións legais da venda de produtos caseiros no agroturismo do Piamonte

De igual a igual

León Gieco, o cantautor arxentino coñecido por ‘Sólo le pido a Dios’, compuxo en 2003 outra grande canción titulada ‘De igual a igual’. Recoméndolles que a procuren en ‘Youtube’ e entre as súas notas contaxiosas escoitarán un vixente manifesto contra a Directiva de Retorno. Por exemplo cando di «los llamados ilegales, que no tienen documentos, son desesperanzados sin trabajo y sin aliento». Europa cualifica de ilegais a mllares de seres humanos que contra a súa vontade deben saír das súas terras a buscar unha -só unha!- oportunidade para vivir.

A rolda de Doha está morta

Ábrese unha nova era para outras políticas alimentares mundiais fóra da OMC

O colapso das negociacións da rolda de Doha da OMC constitúe unha vitoria para as organizacións que loitaron en Seattle, Cancún, Hongkong, Xenebra e en varios outros lugares contra a OMC. O fracaso da semana de negociacións é unha vitoria para os campesiños e campesiñas no mundo enteiro que loitan contra a liberalización dos mercados e a mercantilización dos produtos esenciais como a comida, a auga e as sementes.

As crises estruturais nos ámbitos da alimentación, o clima, as finanzas e a enerxía son unha consecuencia directa destas políticas de liberalización, impulsadas pola OMC e os tratados de libre comercio, que fan do mercado libre unha solución para todo sen avaliación de resultado.

Platanario

Recentemente, nestas mesmas páxinas Johann Hari apresentaba a historia do monocultivo do plátano como parábola do poder corporativo que se expande por todo o sector agrícola. Esta froita permítenos coñecer tamén o dobre raseiro co que as súas propietarias corporativas se manexan, en función de se operan nun país rico, ou o fan nunha -segundo elas definen, visualizan e desprezan- república bananeira.

Un charlatán e os seus falsos medicamentos

Comunicado de prensa sobre a reunión mini-ministerial e bilateral da OMC

Para solucionar a crise alimentar, a OMC presiona por unha maior liberalización: máis aceite ao lume!

Peden ao goberno español que non apoie a conclusión da Rolda de Doha da OMC

Preocupadas pola crise alimentaria, climática, financeira e enerxética, así como polos seus efectos devastadores, varias plataformas, redes e organizacións do Estado español -entre elas SLG, Setem (federación da que fai parte Amarante), Verdegaia e VSF- solicitaron ao Goberno español que NON dea o seu visto bon á conclusión da Rolda de Doha da Organización Mundial de Comercio (OMC), previsto para esta semana.

SLG organiza “Mercado da Transparencia” en Compostela

Xoves 17 de Xullo a partir das 11:00 horas o Sindicato Labrego Galego organiza, na Praza do Toral de Santiago de Compostela, un “Mercado da Transparencia”. Os baixos prezos que, en xeral, perceben @s labreg@s polos seus produtos, así como o desmesurado aumento dos custes de produción que se deu no último ano, fai que muit@s labregos e labregas vexa seriamente comprometida a rendibilidade do seu traballo.

A esta problemática engádese un dominio cada vez maior do mercado por parte das transnacionais da distribución, fomentando a especulación económica cun direito básico, a alimentación, impondo prezos baixos para @s produtoræs e prezos altos para quen merca os produtos.

O que está en xogo é mui importante para quen vive de producir alimentos, mais é fundamental para a sociedade galega: é o poder comer a diario alimentos sans producidos no noso país.

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.