Estás aquíBiotecnoloxía

Biotecnoloxía


O mortífero agasallo de Monsanto ao campesiñado haitiano

O terremoto de Haiti do pasado 12 de xaneiro foi unha afortunada oportunidade de negocio para algúns. A empresa transnacional Monsanto ofrece aos agricultores do país o agasallo mortal de 475 sementes modificadas xeneticamente (MG), ademais dos abonos e pesticidas que van asociadas a elas, os cais distribuirá gratis o proxecto WINNER co respaldo da embaixada estadounidense en Haití. Saben os haitianos que Monsanto fabricaba o defoliante "axente laranxa" co que os avións estadounidenses asperxeron Vietnam durante a guerra envenenando así tanto aos soldados estadounidenses como aos civís vietnamitas?

Saben os haitianos que en moitos países declaráronse perigosas estas sementes? Adoitan chegar en paquetes xunto cun herbicida de Monsanto chamado "Roundup" que contén glifosato. Na miña nativa Brittany xa contaminou a auga para o consumo. Pero Monsanto insiste en que o seu produto é biodegradábel. Altos cargos en contra da fraude denunciárono por iso en Lyon.

Xornada de Debate: Transxénicos, afección no medio e a alimentación

Venres 9 de Abril celebrarase unha xornada de debate sobre os transxénicos e a súa afección no medio e na alimentación. O evento terá lugar ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames). Participarán José Ramón Vidal, do Dpto. de Fisioloxía Vexetal da USC, Charo Sánchez, representante da Plataforma Galega Antitransxénicos e Noa Estévez, representante da Rede Galega de Consumo Consciente e Responsable.

Fonte: PGA

17 de Abril: II Manifestación Estatal contra os Transxénicos

Plataforma Rural ( Amigos de la Tierra, Cáritas Española, Colectivos de Acción Solidaria, Confederación de Consumidores y Usuarios, CERAI, CIC BATA, CIFAES, COAG - Coordinadora de Agricultores y Ganaderos, Colectivo Tierra de Campos, Ecologistas en Acción, Entrepueblos, Fundación Emaus, Jóvenes Rurales Cristianos, Movimiento Rural Cristiano, MUNDUBAT, Red África Europa, Red de semillas resembrando, SEAE, SOC, SODEPAZ, Universidad Rural Paulo Freire, Veterinarios sin Fronteras, Xarxa de Consum Solidari ) e Greenpeace convocan unha semana estatal de luita contra os transxénicos que acabará nunha manifestación Sábado 17 de abril,

A Comisión Europea autoriza o cultivo dunha pataca transxénica perigosa

Amigos de la Tierra, CECU, COAG e Greenpeace denuncian que este tubérculo de BASF podería incrementar a resistencia aos antibióticos.

Unha das primeiras decisións da nova Comisión Europea foi autorizar hoxe un cultivo transxénico, o primeiro desde 1998. O Comisario de Saúde e Consumidores John Dalli, de acordo co Presidente Barroso, deu a autorización a través dun procedemento que evita o debate do Colexio de Comisarios.

Esta pataca transxénica, coñecida como Amflora, foi desenvolvida pola compañía agroquímica BASF e contén un xene que a fai resistente a determinados antibióticos. Por esta razón, Amigos de la Tierra, CECU, COAG e Greenpeace advirten que este cultivo supón un risco inaceitábel para a saúde das persoas, os animais, e o ambiente.

“Os campos da morte”: Impactos do cultivo de soia en Latinoamérica

 

"Unha soterrada cadea de destrución conecta as explotacións gandeiras intensivas en Europa cos bosques de América Latina. Inmensas plantacións de soia, cultivada para alimentar os polos, vacas e porcos europeus, eliminan a vida selvaxe e agravan o problema da mudanza climática.

Para dedicar máis superficie ao cultivo de soia, millares de persoas están a ser forzadas a abandonar as súas terras. Estase a desprazar poboación indíxena e estanse a talar bosques.

Este novo documental investiga os impactos do cultivo de soia en América Latina e mostra como a agricultura de pequena escala, beneficiosa para a poboación e para o ambiente, está a ser desprazada polos grandes negocios."

Ciberacción de Salva la Selva contra Monsanto e os transxénicos

Salva la Selva secunda a convocatoria da Via Campesina fronte ás transnacionais organizando unha ciberacción dirixida á Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño para que deteña xa a expansión dos transxénicos no Estado español. 

Irlanda declárase zona libre de transxénicos

O Goberno de Irlanda anunciou este fin de semana a decisión de prohibir o cultivo de Organismos Modificados Xeneticamente no seu territorio. Isto converte a Irlanda no noveno país da UE con prohibicións ao cultivo de transxénicos. Mentres, o Goberno Español permite que o noso país sexa o único da UE que os cultiva a gran escala. Amigos da Terra e Greenpeace valoran de forma positiva a decisión do Goberno de Irlanda e esixen que España siga o seu exemplo.

O acordo publicado o sábado pola coalición que goberna Irlanda especifica que se “declarará á República de Irlanda Zona Libre de Transxénicos, libre do cultivo de calquera planta modificada xeneticamente. Irlanda súmase así á Franza, Austria, Grecia, Luxemburgo, Hungría, Italia, Polonia e Alemaña que xa manteñen algún tipo de prohibición sobre o cultivo de organismos modificados xeneticamente.

Copier-Coller | Copy and Clone

 

Industria agroalimentar e biotecnoloxía segundo Louis Rigaud.

Chamada da Via Campesina fronte ás transnacionais

As corporacións transnacionales son os nosos inimigos comúns, constitúen a forma actual do capital que exerce o control sobre as nosas economías.

Nas zonas rurais estamos a ver unha feroz ofensiva do capital e as transnacionais sobre a agricultura e os bens naturais, é unha guerra privatizadora de rapina contra campesiños e indíxenas, un roubo privatizador da terra, a biodiversidade, a auga, as sementes, a produción, o comercio agrícola.

Non se trata somente das transnacionais dos agronegocios, tamén estamos a falar das dedicadas ás extraccións mineiras, ao monocultivo de árbores, ás grandes represas, as que controlan os mercados de distribución, e en xeral, todas aquelas que involucran a expansión de industrias contaminantes que están a desputar e se apropiar da terra, a auga e o territorio.

Ciberacción: Pede transparencia nas decisións sobre transxénicos!

Venres 4 de setembro celebrouse unha reunión entre altos cargos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), a industria dos transxénicos e organizacións afíns a esta industria, para tomar decisións que afectan ao cultivo de OMG en España.

Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción e Greenpeace lamentan que esta reunión teña lugar sen a presenza de todos os colectivos implicados para establecer unha verdadeira análise e debate sobre a situación dos OMX en España e denuncian a falta de transparencia deste ministerio e do Grupo de Traballo de Organismos Modificados Xeneticamente (GTOMX) do Consello Asesor de Medio Ambiente (CAMA).

A evolución das sementes

Cando hai uns dez mil anos as mulleres e homes se iniciaron nas tarefas agrícolas arrincou o que hoxe, cun bocado de arrogancia, coñecemos por biotecnoloxía (”toda aplicación tecnolóxica que utilice sistemas biolóxicos e organismos vivos ou os seus derivados para a criazón ou modificación de produtos ou procesos para usos específicos”, segundo o Convenio sobre Diversidade Biolóxica de 1992). Agora que celebramos o 150 aniversario da publicación de “A Orixe das Especies” de Charles Darwin, propoño facer unha clasificación das estratexias biotecnolóxicas en función do seu paralelismo ou non co paradigma introducido por el: a diversidade permite á vida adaptarse e expandirse. Entón teriamos dúas
categorías, as modificacións biotecnolóxicas que xeran diversidade e as que pola contra uniformizan.

Xigantes ou pigmeos

Meu fillo Xavier, como bo adolescente, aproveita calquera oportunidade para pórme contra as cordas. Como o outro día cando lle dixen que estaba invitado a moderar unha mesa redonda sobre campesiñado e alimentación. O tío púxoseme altaneiro e vai e sóltame unha das súas frases lapidarias: -Papá, non dubido que saibas moderar unha mesa redonda, pero saberás moderarte? A Xavier, como supoño que a moitas e moitos de vostedes, débelles aburrir xa a miña defensa dun modelo de agricultura social en mans das pequenas e pequenos campesiños. Pero é que agora o modelo de agricultura industrial ao que me opoño, e que ten a súa máxima expresión nos cultivos transxénicos, recibiu dous paus que o deberían enterrar para sempre.

Efeito bumerán en Monsanto

Nos Estados Unidos os agricultores tiveron que abandonar cinco mil hectáreas de soia transxénica e outras cincuenta mil están gravemente ameazadas. Este pánico débese a unha “má” herba que decidiu oporse ao xigante Monsanto, coñecido por ser o maior predador da terra. Insolente, esta planta mutante prolifera e desafía ao Roundup, o herbicida total a base de glifosato, ao que “non se resiste nengunha má herba”.

Cando a natureza se recupera

En 2004 un agricultor de Macon, en Georgia, cidade situada a uns 130 quilómetros de Atlanta, deuse conta de que algúns brotes de amaranto resistían ao Roundup co que el asperxía os seus campos de soia.

Os campos vítimas desta invasora má herba foran sementados con grans Roundup Ready, que conteñen unha semente que recibiu un xene de resistencia ao Roundup ao que “non se resiste nengunha má herba”.

Epidemia de lucro

A nova epidemia de influenza porcina que día a día ameaza con se expandir a máis rexións do mundo, non é un fenómeno isolado. É parte da crise xeneralizada, e ten as súas raíces no sistema de cría industrial de animais, dominado por grandes empresas transnacionais.

Boas razóns para retirar as variedades de millo MON810 cultivadas en España

Verdegaia vén de traducir un informe sobre o millo transxénico MON810 elaborado pola confederación estatal Ecologistas en Acción que dá conta de todos os perigos reais e potenciais que ten esta variedade de millo transxénico e outros organismos modificados xeneticamente. Os dados están actualizados a marzo de 2009.

Descarrega e lé o informe

Evoluíndo?

Pensemos no trigo, o millo ou calquera outro vexetal, como unha suma de partículas que fan un todo. Cada unha desas partículas formouse a partir dun sinal, dunha instrución contida nos xenes da semente nai. Para que o funcionamento final, para que a suma desas partículas, sexa perfeita, medre, xere novos froitos e novas sementes, os xenes contidos na semente interconéctanse e sincronizan entre eles á perfeición. Chegar até aí custoulle a cada semente séculos de evolución, de selección natural, de fallos e correccións, e durante eses tempos infinitos, os xenes coevolucionaron xuntos, irmandados. Ao final así podemos resumir unha semente: o milagre dunha evolución conxunta dun grupiño de xenes amigábeis que a natureza nos agasalla. Agora o ser humano cos transxénicos introdúcelle ás sementes un xene novo, doutra orixe moi diferente, e será imposíbel unha aceitación cordial, unha aclimatación natural. A natureza sábeo, son sementes que deixan de ser o que en esencia son, futuro.

Os transxénicos secuestran o noso futuro!

Algunhas razóns para nos manifestar en Zaragoza

Espérannos en Zaragoza, a Capital de Aragón acollerá unha grande manifestación popular para defender o dereito a producir e a consumir alimentos cento por cento libres de organismos modificados xeneticamente. O 18 de abril será un día importante para todos os que cremos que a alimentación é un dereito dos seres humanos e non un negocio. Manifestámonos un día despois do Día Internacional da Luita Labrega, sumándonos así a todas as mobilizacións que se desenvolverán en todo o mundo en favor do dereito a seguir sendo campesiños e campesiñas, unido ao anceio cidadán da soberanía alimentar para todos os pobos.

Promesas e evidencias

Se algunha investigación pode presumir de fracasos, esa é a enxeñería xenética vexetal. Desde hai 25 anos investiuse moito tempo, mentes e diñeiro na investigación das sementes transxénicas coa promesa de construír a planta perfeita, que creza en calquera condición, que produza sen parar e resolva -din- a fame do mundo.

18 de Abril: Manifestación Estatal Antitransxénicos en Zaragoza

POR UNHA ALIMENTACIÓN E UNHA AGRICULTURA LIBRES DE TRANSXÉNICOS!
Sairán buses de Galiza

Os transxénicos son un experimento a grande escala cunha tecnoloxía chea de efectos imprevistos e non desexados. Ameazan a nosa saúde, teñen efectos ambientais negativos, producen contaminación xenética, agravan os problemas de acceso á alimentación… entre outros perigos.

Moitos países xa os prohibiron, mais o Estado español segue facilitando a súa expansión, poñendo en perigo a nosa saúde e o noso medio ambiente en favor dos intereses dunha presa de multinacionais.

Os consumidores e consumidoras e os labregos e labregas temos o dereito e a responsabilidade de coñecer e de decidir como e onde se producen os nosos alimentos e apostar por un modelo de agricultura sustentábel e seguro.

18 de Abril, en Zaragoza: Manifestación estatal contra os transxénicos

18 de Abril de 2009

Manifestación estatal ás 12:00 desde Puerta del Carmen, Zaragoza

POR QUE NON QUEREMOS TRANSXÉNICOS

Transxénicos: Organismos creados artificialmente en laboratorio, ao introducir xenes dunhas especies noutras. Así se obteñen seres vivos que non existirían de forma natural. é un experimento a grande escala cunha tecnoloxía chea de efectos imprevistos e non desexados.

Ameazan a nosa saúde: Falta investigación para coñecer todos os danos que poden ocasionar, polo que algúns cultivos autorizados prohibíronse posteriormente. Provocan novas alerxias e resistencia a antibióticos. Varios estudos demostran problemas de fertilidade, toxicidade en ril e fígado.

Non necesitamos máis tecnoloxía para enfrontarnos ao problema da fame, o que necesitamos son cambios políticos

Científicos galegos respaldan a declaración de personalidades e organizacións da sociedade civil sobre as aplicacións da biotecnoloxía

18 de Febreiro a Plataforma Galega Antitransxénicos (PGA) vén de presentar oficialmente na Galiza a “Declaración Estatal contra os OXM´s: A sociedade civil contra o uso de transxénicos na agricultura e na alimentación“, dentro dunha acción coordenada a nivel estatal para a transmisión deste documento respaldado pola comunidade científica e impulsado polas organizacións Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción, Plataforma Rural e Greenpeace.

A Plataforma Galega Antitransxénicos alerta de novas sementeiras de millo transxénico

O Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino vén de facer públicas 11 solicitudes de campos experimentais de millo transxénico das empresas Monsanto, Pioneer e Procase nun total de 67 concellos do Estado español, entre os que figuran Arzúa, Santa Uxía de Ribeira, Mesía, Vilalba e Chantada.

Ciberacción: Non aos obxectivos, subvencións e importación de agrocombustíbeis pola UE

11 de Setembro reunirase a Comisión de Industria, Investigación e Enerxía do Parlamento Europeu, para discutir sobre as recomendacións á Unión Europea acerca dos obxectivos e política de agrocombustíbeis. A política de agrocombustíbeis da UE ten consecuencias globais. Os monocultivos destinados á exportación para a elaboración de agrocombustíbeis avanzan en países empobrecidos desprazando poboacións indíxenas e labregas, destruíndo ecosistemas, poluíndo, degradando a soberanía alimentar dos pobos…

A UE debe pór fin ao boom dos agrocombustíbeis: suspendendo os seus obxectivos de utilización e acabando coas subvencións millonarias á produción. Os agrocombustíbeis non son a solución, cumpre mudar o noso modo de vida.

Participa na ciberacción promovida por Salva a Selva!

Solidariedade co Movimento Verde Eufémia

17 de Agosto de 2007 uns 150 activistas, organizados como Movimento Verde Eufémia, realizaron a primeira acción directa nonviolenta contra o cultivo de transxénicos en Portugal. Seguindo o exemplo dos Segadores Voluntarios, o Movimento Verde Eufémia destruíu case que unha hectárea de millo transxénico da variedade MON810. A acción foi realizada nunha extensión de 51 hectáreas de monocultivo de millo modificado xeneticamente situada en Silves, na rexión do Algarve, primeiro territorio portugués declarado Zona Libre de Transxénicos (Agosto de 2004). O MVE ofereceu ao empresario agrícola semente biolóxica para recultivar as 51 hectáreas, proposta que foi rexeitada polo propietario.

Bon ouvido ou bon olfacto?

Como os meus coñecementos científicos son limitados, cando leo certas informacións pásame que non as acabo de entender de todo. Entón as miñas opcións son as crer nun acto de fé nas institucións investigadoras ou as pór en corentena. Agora pásame cun tema que sempre me trouxo de cabeza: a produtividade das sementes transxénicas. Un estudo publicado en Abril deste ano afirma que os transxénicos non son máis produtivos, como nos quixeron facer crer. A explicación que dan os investigadores é que a transxenia (a mutación que se provocou) altera o metabolismo das plantas, o que nalgúns casos inibe a absorción de nutrientes, e en xeral, demanda maior enerxía para expresar características que non son naturais da planta, restándolle capacidade para se desenvolver plenamente.

“Quiero ser tortilla”: Soberanía alimentar e agrocombustíbeis en animación stop motion

“Panocha é unha mazaroca de millo mexicana que vive feliz cun labrego e o seu porco. A descoberta da súa identidade transxénica será o comezo dunha serie de desafortunados acontecimentos con cosecuencias funestas para todos. Aceitará Panocha submisa o seu programado destino?” Esta é a sinopse de “Quiero ser tortilla”, unha curtametraxe de animación stop motion a partir de materiais de refugallo e obxectos cotidianos producida por Citoplasmas a iniciativa de VSF.

Vídeo: Carme Freire (SLG) entrevístase con Gilda Roa (MAP)

A visita da dirixente labrega paraguaia Gilda Roa a Galiza, convidada pola Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos no cadro da xira “A soia mata”, ademais de para dar tres charlas, facer un almorzo coa prensa e reunirse con persoal da Dirección Xeral de Cooperación, serviu de oportunidade para a celebración dunha entrevista con Carme Freire, secretaria xeral do SLG. Podes ver aquí o video da conversa entre as dúas dirixentes labregas.

Impactos da soia

Gilda Roa, do MAP (Movimiento Agrario y Popular) viaxou no mes de Maio a Europa para participar en Bonn no evento Planet Diversity, celebrado de xeito paralelo á Convención da ONU sobre Diversidade Biolóxica. Fíxoo convidada por CEO (Corporate Europe Observatory) e A SEED Europe (Action for Solidarity, Envinonment, Equality and Diversity), organizacións que aproveitaron, ademais, para facer unha xira europea da campaña internacional “A soia mata”.

“A soia mata” chegou a Galiza da man da ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos), nascida en Abril co obxectivo de “dar a coñecer, construír e defender a Soberanía Alimentar dos Pobos en e desde Galiza, cos pés na terra e cunha ollada global, colaborando con iniciativas similares existentes noutros países, sen descartar a integración en alianzas ou plataformas supranacionais”.

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.