Estás aquíFame
Fame
Food Rebellions, de Eric Holt, publicado en español
Food Rebellions!, o último libro de Eric Holt-Giménez e Raj Pattel vén de ser publicado en español pola editorial El Viejo Topo co título Rebeliones Alimentarias. O libro analisa as causas da crise dos prezos dos alimentos de 2007 e 2008 nun contexto económico que levou a superar os 1.000 millóns de seres humanos que padecen fame mentres no mundo se producen máis alimentos dos que necesitamos. Máis de 30 países viviron rebelións alimentares en 2007 e 2008, entre eles cumpre salientar Haití, país cun 80% da súa poboación a vivir na pobreza e agora gravemente afectado por un terremoto.
Os países do G8 demostran total falta de vontade política para afrontar a crise alimentar global
A evidente ausencia dos xefes de estado dos países do G8 durante o Cume Mundial de Seguranza Alimentar, sostida en Roma entre o 16 e o 18 de novembro, foi unha das causas principais do fracaso total deste cume. Non se tomaron medidas concretas para erradicar a fame, deter a especulación sobre os alimentos ou frear a expansión dos agrocombustibeis. Non se adoptou nengún tipo de medida para evitar os efeitos devastadores da agricultura corporativa industrial ou para apoiar á produción local campesiña.
O cume demostrou que non lle interesaba tomar o desafío dun cambio radical e desesperadamente necesario dentro das políticas alimentares e agrícolas, garantindo o aceso e o control por parte de campesiños e pequenos agricultores, homes e mulleres, sobre os recursos produtivos a través dunha auténtica reforma agraria. A ausencia dos xefes de estado do G8 permite ver unha tremenda falta de responsabilidade para resolver esta cada vez máis profunda crise da fame.
Declaración final dos Movementos Sociais/ONG/OSC no Foro Paralelo ao Cume Mundial da Seguridade Alimentaria Roma, novembro 13-17 de 2009
Un non vende a terra pola que camiña o seu pobo (Tashunka Witko,1840 – 1877)
Nós, 642 persoas de 93 países representando 450 organizacións de campesiños e campesiñas, pequenos agricultores, pescadores a pequena escala, pastores, pobos indíxenas, mozos e mozas, mulleres, movementos urbanos, traballadores agrícolas, ONG locais e internacionais e outros actores sociais atopámonos en Roma do 13 ao 17 de novembro do 2009, unidos pola nosa determinación de traballar por e esixir a soberanía alimentaria neste intre no que o número das persoas que sofren fame traspasou os mil millóns.
Políticas e accións para erradicar a fame e a desnutrición
Mil millóns de persoas padecen fame hoxe e o número segue a aumentar. As mulleres son as máis afectadas. Necesítase urxentemente un cambio nas políticas e as accións.
Os documentos recollidos a seguir apresentan propostas de políticas e accións para erradicar a fame e a desnutrición. As propostas están baseadas na experiencia e o traballo político de movementos sociais, organizacións non gobernamentais (ONG) e outras organizacións de todo o mundo ao longo das últimas décadas e o presente. As propostas encádranse no marco da soberanía alimentar que abranxe o direito humano á alimentación adecuada.
A construción da soberanía alimentar radica na democratización da toma de decisións
A apertura do Foro contou onte 13 de novembro de 2009 coa presenza de Oliver de Schutter, Relator Especial das Nacións Unidas para o Dereito á Alimentación. Olivier presentou con optimismo a nova arquitectura da gobernanza fronte ao problema doa fame no mundo, que toma ao Comité de Seguranza Alimentar (CSA) como figura central.
As transnacionais contribúen para aumentar a fame, o campesiñado oferece solucións
A Via Campesina está aterrada coa arrogancia do sector privado e especialmente de Nestlé, ao pretender oferecer solucións á actual crise alimentar considerando que son as mesmas transnacionais quen continuaron a contribuír activamente á creación desta crise.
Os comentarios do presidente de Nestlé durante a Conferencia do sector privado e da FAO en Milan o pasado 12 de novembro resúltannos particularmente chocantes dadas as coñecidas campañas de Nestlé para fomentar o consumo de leite de fórmula para bebés en detrimento do aleitamento materno nos paises en desenvolvemento.
Moitas transnacionais aumentaron os seus beneficios durante a crise alimentar e xogaron un rol principal ao incrementar a fame no mundo mediante a toma de control sobre o sistema alimentar e os recursos produtivos como a terra e a auga, excluíndo a campesiños e campesiñas da mesma produción alimentar.
A hora de falar acabou: Poñamos en marcha a soberanía alimentar!
Por volta de 40 campesiños e campesiñas provenientes de 25 países no mundo, membros do movimento internacional da Vía Campesina, reuniranse en Roma para o Cume Mundial da FAO sobre Soberanía Alimentar e o Foro da Sociedade Civil entre o 13 e o 18 de novembro. “A hora de falar acabou” sostivo recentemente Nettie Wiebe, unha agricultora canadense, líder do movemento. “Se o mundo toma a serio o feito de erradicar a fame, non existen moitas opcións. Debemos apoiar e animar ao campesiñado a producir alimentos para as súas comunidades de xeito sustentábel. Unha solución auténtica para a crise alimentar implica que a agricultura de pequena escala, e non as corporacións transnacionais, deben recobrar o control sobre os recursos produtivos alimentares como a terra, as sementes, a auga e os mercados locais”.
13-17 de Novembro: Foro paralelo ao cume da FAO (Roma)
Paremos a crise, mudemos o sistema alimentar!
Do 13 ao 17 de novembro reuniranse en Roma máis de 400 delegados (o número dependerá da dispoñibilidade de fundos[1]) de 70 países diferentes en representación de organizacións de pequenos produtores de alimentos, organizacións de agricultores, pescadores, pobos indíxenas, traballadores rurais e da alimentación, mocidade rural, mulleres e grupos transhumantes, ademais de habitantes de cidades afectados pola inseguranza alimentar e ONG, con motivo dunha iniciativa paralela ao Cume Mundial sobre Seguranza Alimentar organizado pola FAO. O Foro pola Soberanía Alimentar dos Pobos 2009 está auspiciado por un Comité de Pilotaxe Internacional (CPI) formado por diversas Organizacións da Sociedade Civil (OSC) que representan aos produtores de alimentos e aos pobos afectados.
A FAO publica o seu informe “O estado da inseguranza alimentar no mundo 2009?
A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) vén de apresentar o seu informe “O estado da inseguranza alimentar no mundo 2009“. Trátase do décimo informe sobre a fame no mundo que fai a FAO desde o Cumio Mundial da Alimentación de 1996. O documento salienta o feito de que o número de persoas que padecen fame viña aumentando de forma lenta mais constante e que o inicio da crise incrementou de forma pronunciada estas cifras.
Fame ao descuberto
A Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) introduciu o concepto de «fame oculta» para definir o déficit de vitaminas e minerais que moitas persoas padecen aínda comendo cada día. Ocorre -explica a FAO- que a súa dieta é repetitiva e moi limitada, o que provoca a falta dalgún micronutriente esencial como a vitamina A, ferro ou iodo.
Os prezos dos alimentos permanecen mui altos en muitos países
Os prezos dos alimentos permanecen elevados a nível doméstico nos países en desenvolvimento a pesar dun forte descenso a nível internacional e as boas colleitas xeneralizadas, alertou a FAO no seu último informe sobre Perspectivas de colleitas e situación alimentar.
En diversos países, os prezos superan os niveis xa altos de hai un ano, ou se atopan aínda en níveis marca, criando dificuldades a millóns de persoas.
En África subsahariana, entre o 80 e o 90 por cento de todos os prezos de cereais examinados pola FAO en 27 países permanecen nunha percentaxe superior ao 25 por cento por riba de antes da crise xerada hai dous anos polo forte alza dos prezos.
O mundo supera os 1.000 millóns de persoas famentas
Se en 2008 a crise global dos prezos dos alimentos empurrou 40 millóns de persoas cara á fame elevando a cifra global de fament@s a 963 millóns, en 2009, segundo a FAO, son xa 1.020 millóns as persoas que padecen de fame a diário no planeta. Por vez primeira na historia da humanidade hai máis de 1.000 millóns de persoas subnutridas. O Cumio Mundial sobre a Alimentación fixárase como obxectivo reducir o número de fament@s até un máximo de 420 millóns de persoas en 2015.
Crise e soberanía alimentar: Vía Campesina e o tempo dunha idea
Luis Hernández Navarro (coordenador de opinión de La Jornada) e Annette Aurélie Desmarais (profesora da Universidade de Regina —Canadá— e autora do libro “La Vía Campesina”) escreben un completo artigo sobre a crise alimentar global e a alternativa da soberanía alimentar dos pobos, repasando ademais a historia da Vía Campesina.
As corporacións seguen a especular coa fame
En Abril de 2008 Grain publicou un breve informe sobre os enormes beneficios que a agroindustria estaba a tirar da crise alimentar. Un ano despois, con máis de 1.000 millóns de persoas a padecer fame aguda, e mentres a crise financeira provoca estragos na solvencia de compañías doutros sectores,as coroporacións da agroindustria que controlan o subministro mundial de alimentos estanse a voltar cada vez máis ricas. Para muitas destas empresas, os benefícios marca de 2007 palidecen en comparación cos obtidos en 2008.

Toda a información no web de Grain
Un G8 sobre agricultura sen labreg@s = Máis fame e pobreza
A primeira reunión do G8 sobre agricultura que terminou onte en Cison dei Valmarino produciu unha declaración final que non somente admite os seus propios fallos no pasado, senón que prevé un futuro cheo de contradicións. O G8 non poderá nunca aliviar a fame no mundo tomando decisións a porta pechada, en ausencia dos actores principais do debate mundial sobre agricultura: os millóns de campesiños e familias de agricultores, homes e mulleres, que alimentan ao mundo.
A afirmación do G8 de que “os campesiños teñen que ser os principais protagonistas” soa particularmente baleira cando a reunión deste fin de semana foi explicitamente planificada para limitar o acceso das organizacións campesiñas e reducir a súa visibilidade. O G8 realizou o encontro nun castelo isolado nas montañas, e o ministro de Agricultura italiano rexeitou reunirse con representantes das organizacións da sociedade civil italianas e internacionais que querían expresar as súas opinións.
Responda outra vez
Nalgunhas das charlas que estou facendo estes días fago o xogo do Un, dous, tres, responda outra vez. A pregunta é -por vinte e cinco pesetas cada unha- realidades, persoas, entidades ou empresas que vulneren o dereito dos campesiños e campesiñas a producir os seus alimentos. E, rápido rápido, para sacar o máximo de acertos, sáeme unha fervenza de respostas, a saber: a OMC e as aliñas de polo, Benetton na Patagonia, Daewoo en Madagascar, Julio Iglesias cos seus complexos turísticos, Pescanova e Calvo cos seus salmóns e os seus privilexios que lles facilita, por exemplo, o príncipe Felipe, a ministra Chacón defensora dos atuneiros, Gustavo Noboa o Rei do Banano, a oligarquía boliviana Raíña da Soia, o Sr. Windows coa súa nova revolución verde 2.0, Mr.
Nova crise alimentaria
No primeiro semestre de 2008 sufrimos unha crise alimentaria, ocasionada por unha subida moi significativa do prezo dos alimentos. Cunhas colleitas suficientes chegouse a pagar prezos moi altos por alimentos básicos como o pan, as tortillas de millo ou o arroz. As análises apuntaron á concatenación de tres factores causantes da subida: a especulación cos grans básicos despois da caída das hipotecas lixo, o aumento do prezo do petróleo e os seus derivados requiridos na agricultura industrial, fertilizantes e pesticidas, e o incremento da demanda provocado polos agrocombustibles.
Final surpresa en Madrid! Sen consenso sobre unha alianza impulsada polo G8… polo de agora
Declaración final d@s agricultoræs e organizacións da sociedade civil na Reunión de Alto Nivel sobre a Seguridade Alimentar, 27 de Xaneiro de 2009
Como representantes do campesiñado e outros produtores de alimentos a pequena escala, xunto coas organizacións que os apoian (*), queremos manifestar o seguinte:
1. Reunímonos en Madrid con baixas expectativas. Estamos moi descontentes co proceso e o contido desta conferencia. A pesar de sermos quen produce a maior parte dos alimentos do mundo, non se ofreceu un espazo para dar a nosa opinión sobre o que se debe facer, tanto no proceso preparatorio como no programa da conferencia en si.
Abocados á catástrofe: Cando os bancos xeren a crise alimentar
Declaración da sociedade civil - Reunión de Alto Nivel sobre Seguridade Alimentar; Madrid, 26 e 27 de Xaneiro
Perante o grave momento actual marcado pola profunda crise alimentar e a crise económica xeneralizada, o Goberno español organiza a “Reunión de Alto Nivel sobre Seguridade Alimentar para Todos” os vindeiros días 26 e 27 de Xaneiro de 2009 en Madrid.
Fame de inovacións
Se fixesemos unha competición de ideas para criar fame e pobreza no mundo, o segundo premio, ao meu xuízo, levaríao a “economía de escala”. Traducindo do dicionario neoliberal: se queres sobrevivir debes medrar. No sector leiteiro europeu -por exemplo-, coa falta de regulación e o control do prezo do leite en mans da industria láctea desapareceron milleiros de pequenas explotacións familiares e o tecido económico que elas xeraban. Agora contamos con grandes vaquerías, onde as vacas sen permisos para dar unha camiñada e consumindo cantidades insustentábeis de auga e pensos a base de soia saqueada dos ecosistemas latinoamericanos producen máis leite do necesario.
A cifra de persoas que pasan fame no mundo atinxe os 963 millóns
Outros 40 millóns de persoas víronse empurradas á fame este ano sobretodo debido a prezos alimentares máis altos, segundo as estimacións preliminares publicadas pola FAO hoxe. Isto eleva o número total de persoas desnutridas a 963 millóns, fronte a 923 millóns de 2007. A crise financeira e económica en curso podería botar aínda máis xente á fame e á pobreza, adverte a FAO.
“Os prezos dos alimentos no mundo caíron desde comezos de 2008, mais os prezos baixos non terminaron coa crise alimentar en moitos países pobres,” dixo Hafez Ghanem, Director Xeral Asistente da FAO na apresentación da nova edición do Informe da FAO sobre a fame: O estado da inseguridade alimentar no mundo 2008.
A crise, a fome e a produção de alimentos
Na década de 60 havia no mundo 80 milhões de pessoas que passavam fome todos os dias. Estávamos no auge do capitalismo industrial e do avanço das empresas transnacionais que se expandiam por toda parte para dominar mercado, controlar matérias-primas e explorar a mão-de-obra barata nos países periféricos. Nesse contexto, propuseram a “revolução verde”. Prometeram acabar com a fome. E até deram o premio Nobel da Paz a seu maior propagandista. Seu verdadeiro objetivo era no entanto, introduzir uma nova matriz produtiva na agricultura, baseada no uso intensivo de insumos industriais, como maquinas, fertilizantes químicos e agrotóxicos. A produtividade por hectare se multiplicou. A produção total aumentou quatro vezes no mundo. Mas a fome não acabou ! E os famintos passaram de 80 para 800 milhões de pessoas. Agora, cerca de 70 países dependem das importações para alimentar seu povo.
Eric Holt: Temos que desmantelar o sistema agroindustrial
Eric Holt-Giménez, director executivo de Food First estivo coa ISAP en Galiza os pasados 25 e 26 de Novembro. Falou en Lugo, en Compostela e na Coruña sobre a crise alimentar global e a alternativa da soberanía alimentar.
Hai uns meses era outra a crise da que se falaba, a dos prezos dos alimentos. 2007-2008 foi, é, tempo de marcas históricas: colleita récord, beneficios récord para a agroindustria… e fame récord. O mercado “libre” e a produción e comercialización agroindustrial de alimentos deixaron o sistema alimentar nunha situación de alta vulnerabilidade.
A pobreza é rural
A preocupación pola saúde do sistema financeiro fai que esquezamos os outros males que flaxelan o planeta: a crise enerxética, a crise alimentar e a crise ecolóxica. Pero están aí. Recentemente, a FAO informou de que o aumento dos prezos dos alimentos provocou que o pasado ano 75 millóns de persoas se somasen á cifra de desnutridos. E segundo explicou o director xeral do FMI, “os prezos alimentares estabilizáronse, pero a un nivel extremadamente elevado, e seguirán a ese nivel o vindeiro ano, o que é moi grave para os 43 países máis pobres”. E a pregunta que me fago entón é: se o prezo dos alimentos é elevado, por que dúas terceiras partes da pobreza a padecen os campesiños produtores de alimentos? A resposta atópase cando se vai de visita a un supermercado. Merquen os ingredientes necesarios para facer un litro de gazpacho. Máis ou menos gastarán 3,60 euros.
Via Campesina: Podemos acabar coa crise alimentar
Só é posible acabar coa crise alimentar mediante a soberanía alimentar e a agroecoloxía. Así subliña A Vía Campesina desde Maputo, onde comeza o seu Congreso cunha Asemblea de Mozos Rurais de todo o mundo.
Hai moitos mozos que se queren instalar na agricultura con modelos agroecolóxicos: produción sustentábel e autónoma e venda na súa contorna. Contodo, as políticas actuais impédenllo e favorecen á agroindustria.
Hoxe, 16 de Outubro, Día Mundial da Alimentación da FAO, Vía Campesina lanza unha mensaxe de esperanza ante a crise alimentar mundial, derivada dun modelo industrial e agro-exportador, á conta de millóns de persoas campesiñas e do conxunto da poboación en todas as partes do mundo.
Crise contra crise
Mentres asistimos ó salvamento da economía prestamista moitos seres humanos no medio rural seguen loitando na súa crise diaria e permanente. Mentres os primeiros contan co apoio dos estados, os bancos centrais e quen sabe se algún tele maratón, os segundos xuntan voces, tómanse as mans e poñen a súa enerxía para propor alternativas ó dogma capitalista.
As luitas de poder poden levar á marxinalización da FAO
Nas discusións intergobernamentais sobre a reforma da FAO que están a ter lugar na preparación da Conferencia da FAO que terá lugar en Novembro deste ano, algúns gobernos están a presionar para reducir o mandado da FAO e evitar calquera referencia aos dereitos humanos fundamentais. Aparte disto, de acordo con algunhas fontes internas, os principais doadores están a presionar á FAO para que deixe de xerir proxectos en países en vías de desenvolvemento. Propuxeron redirixir eses fundos cara a un chamado “fondo fiduciario” separado, no que os doadores decidirían directamente que países recibirían fondos e con que propósito.
Capitalismo e fame
Salvar o capitalismo vén custar uns 700.000 millóns de dólares. Canto custa salvar aos condenados polo capitalismo?: Aproximadamente a metade da metade da metade da metade. É dicer, cuns 30.000 millóns de dólares anuais, a Organización Mundial da Alimentación calcula que se podería garantir a alimentación dos países máis golpeados pola crise alimentar actual.
Gustavo Duch
Director de VSF
Carta ao Director de El País
Aumenta a fame
A suba de prezos dos alimentos levou a 75 millóns de persoas adicionais a unha situación de fame, co que a cifra de poboación desnutrida no mundo en 2007 se eleva a 923 millóns de persoas, segundo informou hoxe a FAO.
Os elevados prezos alimentares invertiron a tendencia positiva para atinxir os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM) de reducir á metade a proporción de persoas famentas no mundo para 2015, segundo as últimas cifras que acaba de facer públicas a Organización da ONU antes da sesión da Asemblea Xeral que a próxima semana repasará a situación dos ODMs.
Segundo a FAO, alcanzar a meta fixada na Cimeira Mundial sobre a Alimentación de 1996 de reducir á metade a cifra de famentos, é unha posibilidade aínda máis remota.
O G8 está a aproveitar a crise alimentar para promover o seu programa de libre comercio
Ante a declaración dos líderes do G8 sobre seguranza alimentar global publicada onte á noite en Hokkaido o Sr Yoshitaka Mashima, líder labrego membro da Vía Campesina, comentou: «Non entendemos como os líderes do G8 pretenden solucionar a crise alimentar con máis libre comercio, visto que é a liberalización da agricultura e dos mercados de alimentos o que nos está a levar á crise actual. Para protexerse da inestabilidade dos mercados mundiais, a poboación debe consumir comida local. Non necesitamos máis comida importada».
Nunha conferencia de prensa celebrada hoxe, os líderes labregos afirmaron que os gobernos do G8 están a utilizar a actual crise alimentar e climática para promover un programa de libre comercio que beneficia ás grandes empresas no canto de aos produtores ou consumidores. A declaración dos líderes do G8 insiste en reanimar as negociacións moribundas da OMC, e en impedir que cada país regule a exportación de alimentos.










