Estás aquíMar
Mar
Manifesto de Vigo: A sociedade civil por unha relación sustentábel co mar
Hoxe presentáronse en Vigo as principais conclusións do encontro paralelo sobre pesca organizado pola sociedade civil, que se agruparon baixo o nome "Manifesto de Vigo". Colectivos como A Ría Non se Vende, Ecoloxistas en Acción, Galiza Non se Vende, Marcha Mundial dás Mulleres, Salvemos Pontevedra, Verdegaia, WWF ou Greenpeace asinan este manifesto no que subliñan a necesidade urxente de abordar un modo radicalmente distinto de relación co medio mariño, onde se teña en conta a contorna natural e a protección ás prácticas pesqueiras tradicionais e sustentables.Salientan que de seguir así as políticas da UE, o futuro do mar e das súas xentes verase comprometido de maneira irreversible.
Neste manifesto, os colectivos asinantes subliñan a súa análise crítica ao redor de eixos diversos:
Contracumio de pesca en Vigo
Ante a reunión que manterán nos primeiros días de maio os ministros de pesca da UE en Vigo, os grupos integrados na rede de colectivos A RIA NON SE VENDE /GALIZA NON SE VENDE pensamos que, na alarmante situación actual, cómpre facer visibles á sociedade os enormes problemas e a ignorada catástrofe que os sistemas de pesca industrial están causando nos océanos, máis a problematica situación do litoral galego, especialmente nas rías e o sector extractivo.
Por este grave motivo, ARNSV/GNSV organiza un encontro paralelo á reunión ministerial con distintos grupos ecoloxistas de Galicia, do resto do Estado e das máis importantes organizacións internacionais, entre as que se contan Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, WWF Adena, Océana, Marcha Mundial das Mulleres, Amarante, Altermundo e outras, así como confrarías de pesca e representantes do sector marisqueiro locais.
Soberanía Alimentar en Somalia
A información que os medios de comunicación nos van ofrecendo sobre os secuestros de barcos atuneiros fronte ás costas de Somalia foi, pinga a pinga, matizándose. Aínda que se siga a falar de pirataría, explicouse como nesas augas moitos países desenvolvidos fomos deitando residuos tóxicos. Sabemos tamén que unha das razóns polas que se chega a esta situación foi a pesca ilegal, a pesca en augas territoriais somalíes, e sempre a uns ritmos e cantidades que deixan os caladoiros ao bordo do colapso. Entre os barcos responsabeis está a flota española que foi ademais altamente subvencionada pola Unión Europea para este, digamos, ecocidio. Por exemplo, o Alakrana, barco recentemente secuestrado, recibiu unha axuda para a súa construción de máis de catro millóns de euros.
Os verdadeiros piratas
En 1991 afundiu a orde política de Somalia, país que sucumbiu a unha guerra civil empiorada pola intervención estadounidense. O colapso político deixou a sociedade somalí sen defensas, situación que foi aproveitada por navíos procedentes de Europa, Estados Unidos, China e outros países para verter nas súas augas grandes cantidades de residuos tóxicos e radioactivos. O abuso fíxose visíbel cando, en 2005, un tsunami depositou nas praias e costas somalíes bidóns corroídos e outras mostras destes residuos. Segundo o enviado das Nacións Unidas en Somalia Ahmadou Ould-Abdallah, a porcallada tóxica acumulada en poucos días pola catástrofe mariña provocou úlceras, cancros, náuseas e malformacións xenéticas en recén nados e, cando menos, 300 mortes.
Atúns… e coltán
Desde hai uns días temos orgullosos os nosos exércitos protexendo as nosas mercadorías(?) fronte ás costas de Somalia. A preocupación polos piratas esixe de avións e de fragatas militares con todos os seus tripulantes atentos a babor e estribor. Entre as mercadorías escoltadas por mar e aire, a Unión Europea insiste en facernos saber que se protexe os mercantes do Programa Mundial de Alimentos. Pero non esquezamos (polo menos) outra das motivacións, a frota atuneira e mais as súas empresas asociadas.
Esgotados os nosos mares por un modelo de consumo insensato e unhas artes de pesca devastadoras, desembarcamos agora en costas sen Estado nin regulacións. A industria atuneira traballa con redes de pesca que abarcan varias millas, guiadas por satélites que lles indican onde están os grandes bancos de peixes, encamiñándonos a un novo esgotamento, en detrimento dos pescadores artesanais locais.
Declaración do Foro Mundial das Poboacións Pescadoras
Dirixida á Conferencia da FAO
Sobre Pescarías de Pequena Escala, Bangkok, Outubro 2008
INTRODUCIÓN
No mundo enteiro, as poboacións pescadoras de pequena escala, artesanais e indíxenas, estanse a unir para protexer os seus dereitos, o futuro das súas comunidades costeiras e o ecosistema mariño do cal dependen. O Foro Mundial das Poboacións Pescadoras esixe que as súas voces sexan escoitadas, e que estes dereitos sexan recoñecidos a nivel nacional, rexional e internacional.
O seguinte é unha Declaración preparada polo Foro Mundial dos Pobos Pescadores (WFFP) dirixida á Conferencia Global da FAO, que tratará o tema das Pescarías de Pequena Escala en Bangkok do 13-17 Outubro 2008.
Esta declaración representa o esforzo unido dos países membros das organizacións afiliadas ao WFFP e reflicte o punto de vista de todos os seus membros. Adicionalmente, organizacións de moitos países presentarán os seus propios puntos de vista.
“Hasta las huevas”: Os impactos da acuicultura de salmón en Chile nunha curta de animación
VSF e Citoplasmas veñen de apresentar a súa última criazón, “Hasta las huevas”, unha curtametraxe de animación stop-motion sobre os impactos ambientais e sociais da acuicultura do salmón en Chile. A anterior entrega, “Quiero ser tortilla” foi finalista do III Festival de Curtametraxes Actúa (organizado por Intermón-Oxfam) e de Videodiversidad 2008, certame de video sobre ecoloxismo social organizado por Ecologistas en Acción.
O panga boom
Atopeime con Jorge no último banco da igrexa. Eu estaba aí, francamente, por morbo. Nunca tiven moita relación con Isidro o compañeiro de COU que estabamos velando, pero seguro -pensaba- vería por aí algunhas mozas da promoción e compañeiros xa esquecidos. Pero nada, a morte de Isidro pasou desapercibida como o seu tránsito polo instituto.
Pescarroba, o portal crítico coa pesca española
No cadro da campaña No te comas el mundo ven de nascer Pesc@, o portal crítico coa pesca española. O seu obxectivo é difundir información sobre a actuación dos actores pesqueiros españois e os seus impactos en todo o mundo. Pescarroba é un proxecto compartido de intercambio de información por parte de persoas e entidades que achan que desde o Estado español se debe impulsar unha mudanza no modelo de pesca cara a outro máis sustentábel e no cadro da soberanía alimentar.










