Estás aquíAgro

Agro


Xa están na rede os vídeos do III Congreso e Agroecoloxía

Xa se poden ver na rede os vídeos das sesións gravadas do III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica, organizado polo GIEEA e no que se fixo unha apresentación da ISAP (que lamentabelmente non puido ser gravada).

10 de Abril: Feira e Xantar pola Soberanía Alimentar e Contra os Transxénicos

A ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) organiza para Sábado 10 de Abril en Santiago de Compostela unha feira e un xantar agroecolóxico pola soberanía alimentar e contra os transxénicos. Estes actos enmárcanse na Semana Estatal de Luita Contra os Transxénicos convocada por Plataforma Rural e Greenpeace, que concluirá 17 de Abril cunha manifestación estatal antitransxénicos en Madrid.

A Feira será de 10:00 a 14:00 horas na Praza do Toral. Nela haberá postos de produtos agroecolóxicos locais e de asociacións que traballan pola soberanía alimentar dos pobos.

Declaración de Quito sobre Reforma Agraria

Por unha Reforma Agraria Integral, xenuína e verdadeira que solucione a crise alimentar e a mudanza climática. Basta de Criminalización!

Crise láctea: Apoio aos produtores en folga e chamada a accións

A crise láctea na Unión Europea estase a agravar. A inercia e a ausencia de vontade política dos Gobernos e da Comisión Europea xeran a cólera e a desesperación dos produtores. Neste contexto, este xoves unha folga do leite foi lanzada na Franza, á iniciativa do European Milk Board.

A Coordenadora Europea Via Campesina sostén e sosterá ás/aos produtoræs de leite en folga.

Leite: Via Campesina propón solucións para a crise global

O prezo do leite para o produtor directo caiu drasticamente en todo o mundo [1], ameazando a millóns de produtores con deixalos fóra do mercado. En consecuencia, os produtores de leite alzáronse nunha protesta global. Desde o comezo do ano, miles de membros das organizacións da Vía Campesina sumáronse a estes protestos en Bruxelas e Estrasburgo, en Madrid, Berlín, Galiza, Franza, Bélxica, Alemaña, Portugal, Suíza, Indonesia, República Dominicana e ao longo de Estados Unidos.

Avanza a FAO cara a un compromiso real co campesiñado?

Logo de catro días de difíceis negociacións entre 121 gobernos na reunión do Tratado da FAO sobre Recursos Fitoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura que tivo lugar en Tunisia, representantes da sociedade civil derrotaron o intento de Canadá de bloquear as negociacións que favorecen aos agricultores. A media noite do xoves, Brasil leu ante un canso plenario unha resolución sobre os dereitos dos agricultores que mudou por alivio e entusiasmo a tensión prevaleciente entre os delegados.

Logo das negociacións nos corredores, onde Europa, América Latina e África enfrontaron os esforzos de Canadá por descarrilar o mandato a exercer os Dereitos dos Agricultores, os gobernos acordaro:

Via Campesina perante o Tratado sobre sementes

Entregado aos membros do Comité Director do Tratado Internacional sobre os Recursos Fitoxenéticos para a Agricultura e a Alimentación, realizado do 1 ao 5 de Xuño de 2009 en Tunisia.

Estanse a apropiar da terra! Acaparamento agrario 2008

As crises alimentar e financeira actuais, axuntadas, desencadearon un novo ciclo mundial de apropiación de terras. Os gobernos con “inseguridade alimentar”, que dependen das importacións para alimentar aos seus pobos, estanse a apropiar rapidamente de terras agrícolas por todo o mundo nas cais producir os seus propios alimentos fóra do país. As corporacións de alimentos e os investidores privados, ávidos de gaños no medio da profundización da crise financeira, ven o investimento en terras agrícolas estranxeiras como unha importante fonte nova de ingresos. O resultado é que as terras agrícolas férteis se privatizan e concentran cada vez máis. De non pór couto a este proceso, o acaparamento mundial de terras podería significar en numerosos lugares do mundo o fin da agricultura en pequena escala e do campo como medio de vida e sustento.

Decrescimento e agricultura

Nos anos 70 apareceron as primeiras teorías do decrescimento que nos advertían de que nun planeta finito o crescimento económico continuo -capitalista- non era posíbel e, polo tanto, debían redeseñarse os nosos modelos de sociedade se non queriamos chegar ao colapso. O decrescimiento -explican- non é unha proposta que podemos ou non adoptar, é unha situación que tarde ou cedo chegará e deberemos asumir. A crise económica globalizada podería interpretarse como un primeiro sinal do colapso ou, pola contra, se actuamos consecuentemente, podería converterse nun punto de inflexión, un momento de obrigada reflexión, unha oportunidade histórica para anteciparse e evitar que o decrescimento e todas as súas consecuencias acaben constituíndo unha pesada lousa. Trataríase de recoñecer, comprender e manexar o decrecimiento para que nos conduza a un mundo máis xusto.

Guerras pola terra

A historia do campo –e os seus cultivos– desvelan algunhas das razóns do clima de violencia xerado en Bolivia. Cando en 1952 se puxeron en marcha procesos de reforma agraria e recolonización das terras amazónicas do Leste, constituíuse o Comité Cívico Pro Santa Cruz para defender os privilexios dos latifundiarios. Desde entón, con ditaduras e gobernos baixo o seu control, aseguránronse de poder tirar o maior proveito das suas terras, que foi muito. Primeiro foi a cana de azúcar até que deixou de ser rendíbel. Despois se dedicaron ao cultivo de algodón. Sempre o mesmo patrón: procurando cultivos con bos prezos no mercado internacional traballados por xornaleiros en condicións de semiescravitude, exprimindo a terra e as maos até as deixar exaustas. Trás falsas mensaxes de autonomismo agóchanse os mesmos intereses, hoxe revalorizados polo boom da soia e os agrocombustíbeis. Tense falado das guerras do petróleo e das guerras pola auga.

O campo campesiño

A negativa do senado arxentino ao aumento dos impostos sobre a soia, aparece na prensa como unha vitoria do campo. De que campo falan? Non se confundan, non falan das familias campesiñas que teñen as súas pequenas parcelas para autoconsumo e venda local, falan de terratenientes, de oligarquía e de grandes corporacións: o campo industrializado, o campo sen campesiñado, o campo dos negocios, o campo da soia.

Quen Somos

Financia

Web renovado e actualizado co apoio económico da cooperación galega

Quién está en línea

Actualmente hay 0 usuarios y 1 invitado en línea.