Estás aquíCopenhague: A Vía Campesina únese ás mobilizacións
Copenhague: A Vía Campesina únese ás mobilizacións
As campesiñas e os campesiños enfrian a Terra!
Campesiños e campesiñas de todo o mundo reuniranse en Copenhague en decembro para defender a súa proposta para solucionar a crise da mudanza climática. A agricultora campesiña sustentábel e a produción local de alimentos están, de feito, arrefriando a terra. A agricultura campesiña permite o secuestro do carbón no solo e require de menos maquinaria empurrada por combustíbeis fóseis e insumos químicos. Máis aínda, se comemos local, requírese de menos enerxía para mover a comida ao longo e ancho do planeta. Dado o enorme impacto da agricultura industrial sobre as emisións de gases con efeito invernadoiro (GEI), unha conversión masiva desde os monocultivos industriais a unha agricultura a pequena escala sustentábel e o desenvolvimento de mercados locais permitiría unha redución masiva nos GEI.
En combinación cun programa serio para reducir o consumo, un plano así faría de feito completamente irrelevante calquera tipo de discusión sobre o comercio do carbono, bio-enxeñaría e outros arranxos técnicos, e mecanismos de comercialización que se está a manter na actualidade na UNFCCC (Convención de Grupo de Traballo das Nacións Unidas para a Mudanza Climática, polas súas siglas en Inglés).
Nós cremos que estes temas deben ser expostos en Copenhague. Cremos que a voz de millares de persoas de todo o mundo deben ser escoitadas. O crecimento dun movimento democrático global pola xustiza climática involucrando a moitos movementos sociais que se están a preparar para o COP 15 demostra a importancia desta luita.
As voces do pobo poden orquestrar moi diferentes melodías, poden rumorear ou berrar, cantar ou tocar música, elas falan e debaten. A historia dos movimentos sociais amósanos como as protestas poden tamén adquirir formas moi diversas. Na Vía Campesina, a desobediencia civil foi sempre parte da estratexia a seguir, xunto a debates, concienciación política e promoción doutras alternativas reais no noso campo, en apoio á soberanía alimentar. Cando centos de campesiños e campesiñas ocupan unhas terras acaparadas por unha compañía transnacional, cando millares deles se reúnen fronte á sede da OMC esixindo o fin da liberalización nos mercados agrícolas, somente estamos a esixir o noso dereito a vivir, a existir. O noso dereito a alimentar ao mundo e a alimentarnos. O noso dereito a ser respeitados e a saír da pobreza na que estamos sumidos.
A Vía Campesina apoia e participa en accións nonviolentas de desobediencia civil cando estas están xustificadas politicamente co obxectivo de desenvolver así unha sociedade con mais xustiza e dignidade. Nós rexeitamos inequivocamente a violencia como medio de actuación da mesma forma que rexeitamos a violencia das políticas que se discuten detrás de todas esas portas pechadas. En poboacións remotas, estas, levan a desafiuzamentos da terra, resistencia campesiña, represión e devastación ambiental.
Nós, condenamos enerxicamente todas as leis represivas que se están a aprobar en Dinamarca para amordazar aos disidentes. No transcurso da UNFCCC, chamamos á mobilización e unidade entre todas as frontes sociais con toda a súa enorme e rica diversidade. Nós cremos que unha democracia sólida só se pode fortalecer permitindo aos pobos do mundo defender e implementar unha xustiza climática, unha xustiza alimentar e unha xustiza social.
Publicado no web da Via Campesina









