Estás aquí“Os campos da morte”: Impactos do cultivo de soia en Latinoamérica

“Os campos da morte”: Impactos do cultivo de soia en Latinoamérica


 

"Unha soterrada cadea de destrución conecta as explotacións gandeiras intensivas en Europa cos bosques de América Latina. Inmensas plantacións de soia, cultivada para alimentar os polos, vacas e porcos europeus, eliminan a vida selvaxe e agravan o problema da mudanza climática.

Para dedicar máis superficie ao cultivo de soia, millares de persoas están a ser forzadas a abandonar as súas terras. Estase a desprazar poboación indíxena e estanse a talar bosques.

Este novo documental investiga os impactos do cultivo de soia en América Latina e mostra como a agricultura de pequena escala, beneficiosa para a poboación e para o ambiente, está a ser desprazada polos grandes negocios."

Con estas palabras é apresentado no seu web o documentário "Os campos da morte: A batalla para alimentar a gandaría industrial", unha produción de REDES-Amigos de la Tierra Uruguay, Food and Water Watch, Friends of the Earth Europe e os socios do programa "Feeding and Fuelling Europe".