Estás aquíQuen Somos
Quen Somos
A ISAP é unha alianza galega de organizacións que comparten, desde diferentes ámbitos de actuación e perspectivas, a defensa da soberanía alimentar dos pobos. Nasceu en Abril de 2008 seguindo o mandado do Foro Mundial para a Soberanía Alimentar (Nyéléni 2007) co obxectivo de dar a coñecer, construír e defender a soberanía alimentar dos pobos en e desde Galiza, cos pés na terra e cunha ollada global.
Amarante
Amarante, fundada en 1999, é unha organización galega de cooperación para o desenvolvemento sustentable.
O seu propósito é contribuír, coa implicación e mobilización solidaria da cidadanía galega, á construción dunhas novas relacións Norte-Sur máis xustas, equitativas e igualitarias, a través da presión política, a educación para o desenvolvemento, o fomento do consumo responsable e do comercio xusto, e a realización de proxectos de cooperación para o desenvolvemento destinados a combater as causas estruturais da pobreza e favorecer a autoorganización e o empoderamento das comunidades e colectivos sociais máis empobrecidos dos países do Sur, á vez de crear unha sociedade civil máis critica e solidaria que permita construír un modelo galego de cooperación.
Contacto: amarante(a)amaranteong.org
A Cova da Terra
A Cova da Terra é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa no ámbito do comercio xusto e o consumo responsable, desde que en 1995 abriu a primeira tenda estable de comercio xusto de Galiza.
Tenta promover cambios nas estructuras sociais e económicas globais a través de prácticas comerciais e de consumo socialmente xustas e ambientalmente responsables tanto cos produtor@s do Sur como do Norte.
Desenvolve unha labor de educación e sensibilización social a través de múltiples actividades que tentan facer unha análise crítica das relacións económicas internacionais e as súas consecuencias e dar alternativas a través do comercio xusto, o consumo responsable, a economía alternativa e outras iniciativas interesantes que xurden a cotío. Conta cun programa educativo dirixido aos centros de educación, con intervencións e materiais propios sobre consumo responsable e un Centro de Recursos e Documentación que achega ao público información especializada e constitúe, así mesmo, un xeito de apoio ao tecido asociativo lucense.
Contacto: asociacion(a)convadaterra.org
Rúa Nóreas, 12. Lugo. Tfn.: 982230211
Eirado
Eirado é unha sociedade cooperativa galega composta por un colectivo de persoas interesadas no exercicio dun consumo responsábel sen aspiracións lucrativas. Entre os nosos obxectivos máis inmediatos podemos citar: o contacto directo cos/as produtores/as evitando así intermediarios, o apoio a pequenas produtoras ecolóxicas do ámbito local, a difusión do consumo responsábel, a colaboración e relación con outras cooperativas e asociacións afíns, etc.
Baseámonos no traballo voluntario das persoas socias e organizámonos en comisións (comisións de produtoras e de pedidos, de tempo, de comunicación e económica), sendo as decisións tomadas de forma asemblearia.
eirado(a)eirado.org
Emaus Fundación Social
Emaús Fundación Social é unha entidade de carácter social, laica, sen ánimo de lucro, asociada ao movemento Emaús Internacional, que ten por obxectivos:
- Mellorar as condicións de vida daquelas persoas e colectividades que se atopan en situación ou grave risco de pobreza e/ ou exclusión.
- Favorecer un desenvolvemento humano sostible (social, económico e ambiental) para todo o planeta.
- Sensibilizar á sociedade sobre as causas, consecuencias e posibles solucións aos problemas de xustiza, pobreza e desenvolvemento.
Contacto: galiciaa(a)emaus.com edgalicia(a)emaus.com
www.emaus.com
Fundación Galicia Verde
A Fundación, sen ánimo de lucro, ten como fin primordial a investigación, a formación, a promoción e conservación da Agricultura e Gandería ecolóxicas, o Medio Ambiente, a Bioconstrucción e a Sustentabilidade con relación á saúde integral do medio ambiente e do ser humano, prestando especial atención á Solidariedade, á Biodiversidade e aos Dereitos Humanos.
Contacto: ebanet(a)fundaciongaliciaverde.org
Panxea
A asociación para o comercio xusto e solidario “PANXEA” é unha asociación sen ánimo de lucro constituida en Santiago de Compostela no ano 1995.
Os espazos principias de actividade da asociación son a sensibilización e a participación activa en diversas iniciativas de economía alternativa, social e solidaria, especialmente as relacionadas co Comercio Xusto e o Consumo Responsábel. Para iso traballamos para impulsar cambios que, dende o pequeno e o local, vaian mudando as estructuras a prol da xustiza social e nas relacións comerciais Norte-Sur, pero tamén Sur-Sur e Norte-Norte, promovendo igualmente a paz e o desenvolvemento sostíbel.
Cremos especialmente no traballo en rede, e por iso, Panxea é parte activa, ademais de na Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos, da Rede Galega de Consumo Responsable, da Comisión de Comercio Xusto da Coordenadora Galega de ONGD´s, e a nivel estatal e ibérico, forma parte do “Espacio por un Comercio Justo”.
panxea(a)panxea.org
Semente
Semente é un conxunto de persoas que se xuntaron polo seu interese na agroecoloxía. Como consumidores que son procuran aqueles productos que son saudábeis para eles e elas e para a terra, contribuíndo co compromiso de crear un vínculo máis estreito coas persoas productoras de alimentos axudando a manter vivo o rural
semente(a)semente.info
Sindicato Labrego Galego
O Sindicato Labrego Galego é un proxecto vivo e en marcha hacia unha agricultura labrega, sostible, nun mundo solidario. A nivel internacional o Sindicato Labrego Galego forma parte da Vía Campesina e da Coordinadora Campesina Europea (CPE). A nivel estatal ten un convenio de colaboración coa Coordinadora de Organizacións de Agricultores e Gandeiros (COAG).
prensa(a)sindicatolabrego.com
Verdegaia
Verdegaia é unha asociación ecopacifista galega sen ánimo de lucro, plural, democrática, apartidaria e independente. Naceu co obxecto de contribuír desde Galiza para a defensa do ambiente e o avanzo na transformación social e mundial en termos de sustentabilidade ecolóxica, xustiza social e paz, na procura dunha saída emancipatoria á crise ecolóxica global.
Verdegaia cimenta o seu ideario en tres grandes principios: Sustentabilidade Ecolóxica, Xustiza Social e Paz. Estes conforman un cadro dentro do cal se desenvolven outros seis: Democracia Participativa, Autoorganización da Cidadanía Galega, Independencia e Apartidismo, Defensa dos Direitos dos Animais Non-Humanos e Demais Seres Vivos, Defensa da Diversidade Cultural e Lingüística, e Aposta pola Superación do Patriarcado.
Contacto: info(a)verdegaia.org
Veterinarios Sen Fronteiras
VSF é unha ONG de Desenvolvimento sen ánimo de lucro, apartidaria, aconfesional, independente, democrática e transparente. Fundada en 1987 e declarada de interese público, traballa con poboacións rurais por medio de proxectos tanto de producción, transformación e comercialización como de formación e apoio a organizacións labregas. Xunto a este tipo de proxectos, Veterinarios Sen Fronteiras leva adiante actividades de educación para o desenvolvimento, investigacións e campañas de presión política e sensibilización cidadá.
Desde 2004 o traballo de VSF ten como eixo central a Soberanía Alimentar.
Contacto: galicia(a)veterinariossinfronteras.org









