27 e 28 de Febreiro: Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar
Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info
Organizacións sociais presentan Manifesto Galego polo Clima
Por iniciativa da Alianza Galega polo Clima -constituída hai 3 meses por Amigos da Terra, Greenpeace e Verdegaia- diversas organizacións sociais e plataformas cidadás galegas asinaron un manifesto baixo o lema "Sustentabilidade e xustiza contra a crise climática". Coincidindo coa recta final do Cumio do Clima de Copenhague, estas organizacións demandan a nivel internacional e galego a adopción de accións efectivas para previr unha mudanza climática catastrófica.
Por que deixamos as nosas granxas atrás para vir a Copenhagen
Discurso de Henry Saragih, Coordinador Xeral da Via Campesina
Apertura do Klimaforum, 7 de Decembro, Copenhagen.
Esta é unha noite moi especial na que nos unimos para a apertura da asemblea dos movementos sociais e da sociedade civil no Klimaforum. Nós, o movimento campesiño internacional Via Campesina, chegamos a Copenhagen desde as cinco esquinas do planeta, abandonando as nosas terras, o noso gando, os nosos bosques, e tamén as nosas familias nos poboados e pobos dos que vimos para unirnos a todos vós.
Mobilización de movimentos labregos en Copenhague
A agricultura industrial é “o esqueleto no armario” da Convención Marco das Nacións Unidas sobre a Mudanza Climática (UNFCCC). Se temos en conta a produción, o tratamento dos produtos e o transporte, toda a cadea alimentar sería a responsábel de case que a metade de todas as emisións de gases de efeito invernadoiro. No entanto, os negociadores non parecen estar dispostos a recoñecer o impacto que teñen os alimentos e o sistema agrícola actual, nen a necesidade apremiante de mudar de xeito radical as políticas sobre alimentación.
O movimento campesiño internacional Via Campesina, que convoca por centos de millóns de pequenos agricultores e campesiños de todo o mundo, estará presente en Copenhague para reivindicar que a agricultura sustentábel a pequena escala é a solución para saír da crise na que nos atopamos.
Mobilizacións labregas contra a OMC: “Organización Mundial das Crises”
Do 27 de novembro ao 3 de decembro próximos, o movemento internacional da Vía Campesina xunto con Uniterre estarán presentes en Xenebra con ocasión da 7ª Conferencia da Organización Mundial do Comercio (OMC). Unha trintena de delegados e delegadas provenientes de África, Asia e Europa recordarán aos correspondentes ministros que se van reunir as súas responsabilidades dentro do actual caos alimentar, financeiro e climático. O balance das políticas da OMC e dos acordos de libre comercio é catastrófico, sobre todo para o campesiñado no mundo. A rolda de Doha -chamada rolda do desenvolvemento- é sen máis, unha rolda de desenvolvemento de crise. Pascal Lamy, director xeral da OMC non cesou de presentar as políticas da súa organización como unha solución milagre para as economías do mundo.
Os países do G8 demostran total falta de vontade política para afrontar a crise alimentar global
A evidente ausencia dos xefes de estado dos países do G8 durante o Cume Mundial de Seguranza Alimentar, sostida en Roma entre o 16 e o 18 de novembro, foi unha das causas principais do fracaso total deste cume. Non se tomaron medidas concretas para erradicar a fame, deter a especulación sobre os alimentos ou frear a expansión dos agrocombustibeis. Non se adoptou nengún tipo de medida para evitar os efeitos devastadores da agricultura corporativa industrial ou para apoiar á produción local campesiña.
O cume demostrou que non lle interesaba tomar o desafío dun cambio radical e desesperadamente necesario dentro das políticas alimentares e agrícolas, garantindo o aceso e o control por parte de campesiños e pequenos agricultores, homes e mulleres, sobre os recursos produtivos a través dunha auténtica reforma agraria. A ausencia dos xefes de estado do G8 permite ver unha tremenda falta de responsabilidade para resolver esta cada vez máis profunda crise da fame.
20 de Novembro: Mercado transparente e concentración para mudar a política agraria
O SLG organiza para Sexta-feira 20 de Novembro ás 12:00, na Praza do Toral (Compostela), un mercado transparente e unha concentración para demandar mudanzas na política agraria.
A situación na que se atopan arestora os sectores de produción agraria esixen a suma de forzas para acadarmos a modificación das actuais políticas agrarias en aras dunha maior transparencia no mercado que implique a fixación de prezos mínimos para o sector produtor.
Dende nosa entrada no mercado comunitario e a aplicación da Política Agraria Común (PAC), ano tras ano vemos como os nosos produtos perden valor ao tempo que os consumidores e consumidoras pagan cada día máis para levar a alimentación que nós producimos até a súa mesa.
Declaración final dos Movementos Sociais/ONG/OSC no Foro Paralelo ao Cume Mundial da Seguridade Alimentaria Roma, novembro 13-17 de 2009
Un non vende a terra pola que camiña o seu pobo (Tashunka Witko,1840 – 1877)
Nós, 642 persoas de 93 países representando 450 organizacións de campesiños e campesiñas, pequenos agricultores, pescadores a pequena escala, pastores, pobos indíxenas, mozos e mozas, mulleres, movementos urbanos, traballadores agrícolas, ONG locais e internacionais e outros actores sociais atopámonos en Roma do 13 ao 17 de novembro do 2009, unidos pola nosa determinación de traballar por e esixir a soberanía alimentaria neste intre no que o número das persoas que sofren fame traspasou os mil millóns.
Políticas e accións para erradicar a fame e a desnutrición
Mil millóns de persoas padecen fame hoxe e o número segue a aumentar. As mulleres son as máis afectadas. Necesítase urxentemente un cambio nas políticas e as accións.
Os documentos recollidos a seguir apresentan propostas de políticas e accións para erradicar a fame e a desnutrición. As propostas están baseadas na experiencia e o traballo político de movementos sociais, organizacións non gobernamentais (ONG) e outras organizacións de todo o mundo ao longo das últimas décadas e o presente. As propostas encádranse no marco da soberanía alimentar que abranxe o direito humano á alimentación adecuada.
A construción da soberanía alimentar radica na democratización da toma de decisións
A apertura do Foro contou onte 13 de novembro de 2009 coa presenza de Oliver de Schutter, Relator Especial das Nacións Unidas para o Dereito á Alimentación. Olivier presentou con optimismo a nova arquitectura da gobernanza fronte ao problema doa fame no mundo, que toma ao Comité de Seguranza Alimentar (CSA) como figura central.
As transnacionais contribúen para aumentar a fame, o campesiñado oferece solucións
A Via Campesina está aterrada coa arrogancia do sector privado e especialmente de Nestlé, ao pretender oferecer solucións á actual crise alimentar considerando que son as mesmas transnacionais quen continuaron a contribuír activamente á creación desta crise.
Os comentarios do presidente de Nestlé durante a Conferencia do sector privado e da FAO en Milan o pasado 12 de novembro resúltannos particularmente chocantes dadas as coñecidas campañas de Nestlé para fomentar o consumo de leite de fórmula para bebés en detrimento do aleitamento materno nos paises en desenvolvemento.
Moitas transnacionais aumentaron os seus beneficios durante a crise alimentar e xogaron un rol principal ao incrementar a fame no mundo mediante a toma de control sobre o sistema alimentar e os recursos produtivos como a terra e a auga, excluíndo a campesiños e campesiñas da mesma produción alimentar.
Copenhague: A Vía Campesina únese ás mobilizacións
As campesiñas e os campesiños enfrian a Terra!
Campesiños e campesiñas de todo o mundo reuniranse en Copenhague en decembro para defender a súa proposta para solucionar a crise da mudanza climática. A agricultora campesiña sustentábel e a produción local de alimentos están, de feito, arrefriando a terra. A agricultura campesiña permite o secuestro do carbón no solo e require de menos maquinaria empurrada por combustíbeis fóseis e insumos químicos. Máis aínda, se comemos local, requírese de menos enerxía para mover a comida ao longo e ancho do planeta. Dado o enorme impacto da agricultura industrial sobre as emisións de gases con efeito invernadoiro (GEI), unha conversión masiva desde os monocultivos industriais a unha agricultura a pequena escala sustentábel e o desenvolvimento de mercados locais permitiría unha redución masiva nos GEI.
A hora de falar acabou: Poñamos en marcha a soberanía alimentar!
Por volta de 40 campesiños e campesiñas provenientes de 25 países no mundo, membros do movimento internacional da Vía Campesina, reuniranse en Roma para o Cume Mundial da FAO sobre Soberanía Alimentar e o Foro da Sociedade Civil entre o 13 e o 18 de novembro. “A hora de falar acabou” sostivo recentemente Nettie Wiebe, unha agricultora canadense, líder do movemento. “Se o mundo toma a serio o feito de erradicar a fame, non existen moitas opcións. Debemos apoiar e animar ao campesiñado a producir alimentos para as súas comunidades de xeito sustentábel. Unha solución auténtica para a crise alimentar implica que a agricultura de pequena escala, e non as corporacións transnacionais, deben recobrar o control sobre os recursos produtivos alimentares como a terra, as sementes, a auga e os mercados locais”.
13-17 de Novembro: Foro paralelo ao cume da FAO (Roma)
Paremos a crise, mudemos o sistema alimentar!
Do 13 ao 17 de novembro reuniranse en Roma máis de 400 delegados (o número dependerá da dispoñibilidade de fundos[1]) de 70 países diferentes en representación de organizacións de pequenos produtores de alimentos, organizacións de agricultores, pescadores, pobos indíxenas, traballadores rurais e da alimentación, mocidade rural, mulleres e grupos transhumantes, ademais de habitantes de cidades afectados pola inseguranza alimentar e ONG, con motivo dunha iniciativa paralela ao Cume Mundial sobre Seguranza Alimentar organizado pola FAO. O Foro pola Soberanía Alimentar dos Pobos 2009 está auspiciado por un Comité de Pilotaxe Internacional (CPI) formado por diversas Organizacións da Sociedade Civil (OSC) que representan aos produtores de alimentos e aos pobos afectados.
Soberanía Alimentar en Somalia
A información que os medios de comunicación nos van ofrecendo sobre os secuestros de barcos atuneiros fronte ás costas de Somalia foi, pinga a pinga, matizándose. Aínda que se siga a falar de pirataría, explicouse como nesas augas moitos países desenvolvidos fomos deitando residuos tóxicos. Sabemos tamén que unha das razóns polas que se chega a esta situación foi a pesca ilegal, a pesca en augas territoriais somalíes, e sempre a uns ritmos e cantidades que deixan os caladoiros ao bordo do colapso. Entre os barcos responsabeis está a flota española que foi ademais altamente subvencionada pola Unión Europea para este, digamos, ecocidio. Por exemplo, o Alakrana, barco recentemente secuestrado, recibiu unha axuda para a súa construción de máis de catro millóns de euros.
Nova publicación sobre mudanza climática e sistema alimentar
Vén de ser publicado o libriño “Cocinando el planeta. Hechos, cifras y propuestas sobre cambio climático y sistema alimentario mundial“, elaborado por Grain, Entrepueblos e a campaña No te Comas el Mundo (ODG, Xarxa de Consum Solidari e VSF).
“Os campos da morte”: Impactos do cultivo de soia en Latinoamérica
"Unha soterrada cadea de destrución conecta as explotacións gandeiras intensivas en Europa cos bosques de América Latina. Inmensas plantacións de soia, cultivada para alimentar os polos, vacas e porcos europeus, eliminan a vida selvaxe e agravan o problema da mudanza climática.
Para dedicar máis superficie ao cultivo de soia, millares de persoas están a ser forzadas a abandonar as súas terras. Estase a desprazar poboación indíxena e estanse a talar bosques.
Este novo documental investiga os impactos do cultivo de soia en América Latina e mostra como a agricultura de pequena escala, beneficiosa para a poboación e para o ambiente, está a ser desprazada polos grandes negocios."
Declaración de Quito sobre Reforma Agraria
Por unha Reforma Agraria Integral, xenuína e verdadeira que solucione a crise alimentar e a mudanza climática. Basta de Criminalización!
Os verdadeiros piratas
En 1991 afundiu a orde política de Somalia, país que sucumbiu a unha guerra civil empiorada pola intervención estadounidense. O colapso político deixou a sociedade somalí sen defensas, situación que foi aproveitada por navíos procedentes de Europa, Estados Unidos, China e outros países para verter nas súas augas grandes cantidades de residuos tóxicos e radioactivos. O abuso fíxose visíbel cando, en 2005, un tsunami depositou nas praias e costas somalíes bidóns corroídos e outras mostras destes residuos. Segundo o enviado das Nacións Unidas en Somalia Ahmadou Ould-Abdallah, a porcallada tóxica acumulada en poucos días pola catástrofe mariña provocou úlceras, cancros, náuseas e malformacións xenéticas en recén nados e, cando menos, 300 mortes.
Algamar premiada pola Fundación Biodiversidad
Os I Premios Fundación Biodversidad de lideranza, inovación e comunicación ambiental, dirixidos “a emprendedores e profisionais do ámbito rural e pesqueiro como a comunicadores e criadores”, veñen de ser resolvidos e entre os gañadores atópase a empresa galega Algamar, especializada na recolla, secaxe e transformación de algas para alimentación humana, que foi recoñecida pola Fundación Biodiversidad na categoría Emprendedores.
A FAO publica o seu informe “O estado da inseguranza alimentar no mundo 2009?
A Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) vén de apresentar o seu informe “O estado da inseguranza alimentar no mundo 2009“. Trátase do décimo informe sobre a fame no mundo que fai a FAO desde o Cumio Mundial da Alimentación de 1996. O documento salienta o feito de que o número de persoas que padecen fame viña aumentando de forma lenta mais constante e que o inicio da crise incrementou de forma pronunciada estas cifras.
Ciberacción de Salva la Selva contra Monsanto e os transxénicos
Salva la Selva secunda a convocatoria da Via Campesina fronte ás transnacionais organizando unha ciberacción dirixida á Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño para que deteña xa a expansión dos transxénicos no Estado español.
Irlanda declárase zona libre de transxénicos
O Goberno de Irlanda anunciou este fin de semana a decisión de prohibir o cultivo de Organismos Modificados Xeneticamente no seu territorio. Isto converte a Irlanda no noveno país da UE con prohibicións ao cultivo de transxénicos. Mentres, o Goberno Español permite que o noso país sexa o único da UE que os cultiva a gran escala. Amigos da Terra e Greenpeace valoran de forma positiva a decisión do Goberno de Irlanda e esixen que España siga o seu exemplo.
O acordo publicado o sábado pola coalición que goberna Irlanda especifica que se “declarará á República de Irlanda Zona Libre de Transxénicos, libre do cultivo de calquera planta modificada xeneticamente. Irlanda súmase así á Franza, Austria, Grecia, Luxemburgo, Hungría, Italia, Polonia e Alemaña que xa manteñen algún tipo de prohibición sobre o cultivo de organismos modificados xeneticamente.
Declaración do I Acampamento Internacional da Mocidade Labrega e Indíxena da Vía Campesina
Nós, mulleres e homes, mozos campesiños representantes de 9 rexións do globo terráqueo (África 1, África 2, Europa, Caribe, Centro América, América do Norte, Sudamérica, Asia do Sul, Asia Sueste e Leste) de diferentes nacionalidades, comunidades, culturas, idiomas e relixións; reunímonos neste Acampamento Internacional da Mocidade de Vía Campesina na aldea Puy de Cinca, rexión de Aragón do Estado español, do 24 ao 30 setembro de 2009.
A xente nova da Vía Campesina aquí presente, analisamos a nosa situación no marco do contexto de discriminación, inxustizas e miserias que se frecuentan ao longo e ancho do planeta a causa do feudalismo, do capitalismo neoliberal e do neocolonialismo. Este sistema opresor está a impor unha agricultura corporativa, de mercantilización dos alimentos, para o puro lucro económico. Facendo que empioren as condicións sociais do campesiñado.
Copier-Coller | Copy and Clone
Industria agroalimentar e biotecnoloxía segundo Louis Rigaud.
Chamada da Via Campesina fronte ás transnacionais
As corporacións transnacionales son os nosos inimigos comúns, constitúen a forma actual do capital que exerce o control sobre as nosas economías.
Nas zonas rurais estamos a ver unha feroz ofensiva do capital e as transnacionais sobre a agricultura e os bens naturais, é unha guerra privatizadora de rapina contra campesiños e indíxenas, un roubo privatizador da terra, a biodiversidade, a auga, as sementes, a produción, o comercio agrícola.
Non se trata somente das transnacionais dos agronegocios, tamén estamos a falar das dedicadas ás extraccións mineiras, ao monocultivo de árbores, ás grandes represas, as que controlan os mercados de distribución, e en xeral, todas aquelas que involucran a expansión de industrias contaminantes que están a desputar e se apropiar da terra, a auga e o territorio.
Posición da Vía Campesina sobre a crise financeira
A crise do prezo dos alimentos e a crise financeira son o resultado de anos de liberalización ultraliberal que se remonta aos crimes contra a humanidade cometidos contra os pobos autóctonos norteamericanos e africanos para maximizar as ganancias. Os investidores e especuladores que buscan os maiores beneficios utilizaron a “enxeñería financeira” para poder mobilizar grandes sumas de capital entre países e continentes. Estes instrumentos especulativos, os chamados “produtos e servizos financeiros” proporcionaron grandes beneficios pero non se produciu nada. O seu valor incrementouse como resultado da mera expectativa de que o sistema financeiro continuaría sobrevalorando devanditos “produtos” e “servizos”.
Ciberacción: Pede transparencia nas decisións sobre transxénicos!
Venres 4 de setembro celebrouse unha reunión entre altos cargos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño (MARM), a industria dos transxénicos e organizacións afíns a esta industria, para tomar decisións que afectan ao cultivo de OMG en España.
Amigos de la Tierra, COAG, Ecologistas en Acción e Greenpeace lamentan que esta reunión teña lugar sen a presenza de todos os colectivos implicados para establecer unha verdadeira análise e debate sobre a situación dos OMX en España e denuncian a falta de transparencia deste ministerio e do Grupo de Traballo de Organismos Modificados Xeneticamente (GTOMX) do Consello Asesor de Medio Ambiente (CAMA).









