O mundo supera os 1.000 millóns de persoas famentas

By xosemaria.garcia | Xuño 22, 2009

Se en 2008 a crise global dos prezos dos alimentos empurrou 40 millóns de persoas cara á fame elevando a cifra global de fament@s a 963 millóns, en 2009, segundo a FAO, son xa 1.020 millóns as persoas que padecen de fame a diário no planeta. Por vez primeira na historia da humanidade hai máis de 1.000 millóns de persoas subnutridas. O Cumio Mundial sobre a Alimentación fixárase como obxectivo reducir o número de fament@s até un máximo de 420 millóns de persoas en 2015.

Topics: convocatorias, crise alimentar, fao | No Comments »

Xigantes ou pigmeos

By xosemaria.garcia | Xuño 18, 2009

Meu fillo Xavier, como bo adolescente, aproveita calquera oportunidade para pórme contra as cordas. Como o outro día cando lle dixen que estaba invitado a moderar unha mesa redonda sobre campesiñado e alimentación. O tío púxoseme altaneiro e vai e sóltame unha das súas frases lapidarias: -Papá, non dubido que saibas moderar unha mesa redonda, pero saberás moderarte? A Xavier, como supoño que a moitas e moitos de vostedes, débelles aburrir xa a miña defensa dun modelo de agricultura social en mans das pequenas e pequenos campesiños. Pero é que agora o modelo de agricultura industrial ao que me opoño, e que ten a súa máxima expresión nos cultivos transxénicos, recibiu dous paus que o deberían enterrar para sempre.

Read the rest of this entry »

Topics: denuncia, transxenicos | No Comments »

Manifesto de Bagua

By vsf | Xuño 10, 2009

As institucións abaixo asinantes queremos denunciar os feitos acaecidos en Perú o pasado 5 de xuño, en que se produciron decenas de mortos e feridos, entre indíxenas e policía, durante o desaloxo por parte de forzas especiais da Policía Nacional (DINOES), das posicións que os indíxenas ocupaban en Bagua, departamento do Amazonas.

Read the rest of this entry »

Topics: denuncia, indixenas | No Comments »

Solidariedade co(a)s indíxenas amazónic@s do Perú

By xosemaria.garcia | Xuño 10, 2009

Os homes e as mulleres, campesiñas e campesiños membros da Vía Campesina de Asia, Europa, Africa e América manifestámonos indignados, e ofendidos ante o masacre cometido contra os irmáns indíxenas de Bagua no norte do Perú, no día 5 de Xuño, Día Mundial do Ambiente. Condenamos e rexeitamos este xenocidio cometido contra aqueles que loitan polos seus territorios, recursos naturais, a súa autonomía, cultura e identidade.

Read the rest of this entry »

Topics: denuncia, indixenas | No Comments »

Avanza a FAO cara a un compromiso real co campesiñado?

By xosemaria.garcia | Xuño 8, 2009

Logo de catro días de difíceis negociacións entre 121 gobernos na reunión do Tratado da FAO sobre Recursos Fitoxenéticos para a Alimentación e a Agricultura que tivo lugar en Tunisia, representantes da sociedade civil derrotaron o intento de Canadá de bloquear as negociacións que favorecen aos agricultores. A media noite do xoves, Brasil leu ante un canso plenario unha resolución sobre os dereitos dos agricultores que mudou por alivio e entusiasmo a tensión prevaleciente entre os delegados.

Read the rest of this entry »

Topics: sementes | No Comments »

Quen quer ser millonario?

By xosemaria.garcia | Xuño 4, 2009

Calquera de nós pode, desde o pasado 30 de abril, coñecer o destino das axudas que a Unión Europea dedica á agricultura española. Á agroindustria, á nobreza ou ós agricultores e agricultoras? Vale a pena. Visiten a páxina do Fundo Europeu Agrícola de Garantía e -agora que estamos nas vésperas das eleccións europeas - poderán escarbar nos arquivos que mostran os beneficiarios da Política Agraria Común (PAC) que, por certo, xestiona o 43 por cento do orzamento da Unión Europea.

Read the rest of this entry »

Topics: denuncia, pac | No Comments »

Via Campesina perante o Tratado sobre sementes

By xosemaria.garcia | Xuño 2, 2009

Entregado aos membros do Comité Director do Tratado Internacional sobre os Recursos Fitoxenéticos para a Agricultura e a Alimentación, realizado do 1 ao 5 de Xuño de 2009 en Tunisia.

A multiplicación e a agravación das crises alimentares, económicas, enerxéticas e climáticas obrigan aos campesiños de todas as rexións do mundo a adaptar os seus sistemas de cultivo á aceleración dos cambios do seu medio ambiente. A conservación dinámica e a utilización duradeira da biodiversidade cultivada, os agro-sistemas, os sistemas sociais e coñecementos campesiños asociados a estes están no centro desta adaptación da que depende a alimentación das xeracións futuras. Esta biodiversidade non pode conservarse e renovarse sen o recoñecemento dos direitos dos agricultores definidos polo TIRFAA, ante todo os seus dereitos definidos no artigo 9 a conservar, utilizar, intercambiar e vender as súas sementes crioulas, de participar nas decisións nacionais e protexer os seus coñecimentos tradicionais. A pesar de numerosas declaracións políticas e científicas sobre a necesidade de desenvolver a conservación nos campos, a maioría dos países signatarios do Tratado prohiben o exercicio destes direitos colectivos. Substitúenos polos direitos privados de propiedade intelectual sobre as sementes que permiten a unha decena de empresas multinacionais de sementes declararse donos do conxunto da biodiversidade existente.

Read the rest of this entry »

Topics: posicionamentos, sementes | No Comments »

Efeito bumerán en Monsanto

By xosemaria.garcia | Maio 27, 2009

Nos Estados Unidos os agricultores tiveron que abandonar cinco mil hectáreas de soia transxénica e outras cincuenta mil están gravemente ameazadas. Este pánico débese a unha “má” herba que decidiu oporse ao xigante Monsanto, coñecido por ser o maior predador da terra. Insolente, esta planta mutante prolifera e desafía ao Roundup, o herbicida total a base de glifosato, ao que “non se resiste nengunha má herba”.

Read the rest of this entry »

Topics: agroindustria, transxenicos | No Comments »

Xente que inviste en xente

By xosemaria.garcia | Maio 21, 2009

Na páxina principal da web dos fondos de investimento do Deutsche Bank pódese ler: “Agora dispomos de aproximadamente a metade da terra cultivable por persoa que tiñamos hai anos. Cada ano hai 80 millóns de bocas máis que alimentar. Invista no negocio de alimentar o mundo”. Especulando co dereito á alimentación provocáronse subidas artificiais do prezo dos alimentos no 2007. As mesmas entidades especulando con fume conducíronnos á crise financeira e todas as súas consecuencias. Entre elas a falta de apoios crediticios para millóns de persoas que os requiren para pór en marcha iniciativas produtivas que lles permitan abrazar esperanzas de futuro. Xustamente o que fai a banca ética que este mes de maio é visible en toda Catalunya no marco da Festa do Comercio Xusto e a Banca Ética.

Read the rest of this entry »

Topics: banca etica, crise alimentar | No Comments »

O reloxio de area

By xosemaria.garcia | Maio 20, 2009

Quen defendemos a Soberanía Alimentar como modelo agroalimentar detectamos, cada vez con maior preocupación, o poder que exerce na cadea alimentar a grande distribución: os súper e hipermercados. (En España catro de cada cinco compras de alimentos realízanse en grandes superficies e entre cinco empresas controlan case o 60% deste sector). Con este dominio oligopólico e situados entre os produtores e os consumidores exercen un control ao xeito dun dobre embude, como un reloxio de area. Os produtores téñense que encartar ás súas condicións e os consumidores somos vítimas, tamén, dos seus caprichos.

Read the rest of this entry »

Topics: denuncia, grandes superficies | No Comments »


« Previous Entries